A presidenta da xestora do PSdeG tamén apoia a abstención mínima para non levar ao grupo a "fractura" do PSOE

A presidenta da xestora que dirixe o PSdeG, Pilar Cancela, asegurou este martes que, aínda que non asinou a iniciativa de varios secretarios xerais de federacións do PSOE para pedir que só se absteñan 11 deputados socialistas na investidura de Mariano Rajoy, apoia a súa reclamación porque, defendeu, o partido debe evitar levar ao grupo parlamentario a súa "fractura".

MADRID | 25/10/2016 | Actualizada ás 12:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A presidenta da xestora que dirixe o PSdeG, Pilar Cancela, asegurou este martes que, aínda que non asinou a iniciativa de varios secretarios xerais de federacións do PSOE para pedir que só se absteñan 11 deputados socialistas na investidura de Mariano Rajoy, apoia a súa reclamación porque, defendeu, o partido debe evitar levar ao grupo parlamentario a súa "fractura".

En declaracións aos xornalistas nos corredores do Congreso, a deputada por A Coruña defendeu que a xestora do PSOE e o Grupo Parlamentario Socialista "deberían intentar non afondar na división" que existe na formación actualmente e buscar "fórmulas" para evitar que iso se traslade ao Congreso.

Cancela explicou que nin ela nin a presidenta da xestora do PSOE de Melilla, Gloria Rojas, subscribiron a carta que asinan oito secretarios xerais de federacións socialistas porque as súas son direccións provisionais, pero garantiu que ambas as dúas avalan o contido do documento, no que se pide esa abstención técnica.

"Hai fórmulas que se deben explorar para buscar a solución menos traumática e non trasladar ao grupo parlamentario unha situación de clara fractura do PSOE", sostivo a deputada galega, que non quixo opinar sobre que cree que acontecería se a dirección se mantén en que debe absterse o grupo en bloque e algún deputado rompe a disciplina.

De feito, Cancela avogou por non levar as cousas "aos extremos" e, tras recordar que hai compañeiros do PSC e do PSOE de Baleares que xa dixeron que queren "manter" o seu voto en contra a Rajoy, insistiu en que "sería bo non impoñer nada a ninguén", porque cunha abstención mínima "se"pode conseguir o mesmo resultado e obxectivo" que decidiu o Comité Federal o pasado domingo.

Ao seu xuízo, pódense adoptar "varios camiños" para facer efectivo o acordo do máximo órgano do partido entre congresos e cre que aínda hai marxe para explorar esas posibilidades. "Cando hai vontade de acordo e de chegar a un entendemento, sempre hai tempo", recalcou a compostelana.

NON CRE QUE SÁNCHEZ ROMPA A DISCIPLINA

Dito isto, a actual responsable do PSdeG apuntou que cre que "non se dará" a posibilidade de que o secretario xeral Pedro Sánchez rompa a disciplina de voto. Aínda que subliñou que non pode falar por el, mostrouse convencida de que "tomará a decisión máis responsable e coherente, como sempre fixo".

O Comité Federal do PSOE aprobou o pasado domingo -por 139 votos fronte a 96- unha resolución na que establece que o PSOE se absterá nunha segunda votación, despois de votar non na primeira, para que Rajoy poida ser investido.

VISIÓN DOS DEPUTADOS DO PSdeG

A visión de Pilar Cancela sobre a abstención técnica é compartida pola maioría dos deputados galegos do PSOE, tal e como eles mesmos apuntaron o luns a Europa Press.

En concreto, tanto o coruñés Ricardo García Mira como o pontevedrés Guillermo Meijón e a ourensana Rocío de Frutos opinan que esta fórmula permitiría cumprir a resolución adoptada polo Comité Federal e, ao mesmo tempo, evitaría a imaxe da abstención en bloque ou da ruptura da disciplina de voto en filas socialistas.

No lado oposto, a viguesa Dolores Galovart e a lucense Margarita Pérez Herráiz apostan por cumprir o mandato do Comité Federal dende a óptica de que a abstención é a postura conveniente neste momento político.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta