Todos contra a Lomce, pero cada un polo seu lado

Este meŕcores hai folga no ensino contra as reválidas, paro que non secunda a plataforma de carácter máis nacionalista. Horarios das diferentes manifestacións e concentracións no interior.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 25/10/2016 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Unha das dúas grandes plataformas galegas en defensa do ensino público apoia a folga de mañá.  Trátase da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, que está integrada por CONFAPA-GALICIA, FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA e IESGA; máis o sindicato STEG. A folga está convocada a nivel estatal por diferentes colectivos de alumnos e de pais e nais.

Concentración da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
Concentración da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

Esta plataforma organizou actos de protesta en Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela ás 12.00 horas; e en Ourense, Pontevedra, A Coruña e Lugo, ás 19:30 horas. O obxectivo é a  anulación do Decreto que se regulan as reválidas.

Por outro lado está a  Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que tamén reclama a fin das reválidas, pero non secunda a folga do mércores. Esta Plataforma convoca concentracións nun horario diferente as do outro colectivo: ás 18:30 en Pontevedra; ás 19 horas en Santiago, Vigo, Lugo, A Coruña e Ourense e ás 20 horas en Carballo e Cee.

A segunda das plataformas está integrada por AS-PG, CIG-Ensino, Erguer. Estudantes da Galiza, Federación Provincial de ANPA de Lugo , Federación de ANPA de Compostela, Federación de ANPA da Costa da Morte, Federación de ANPA de Ferrolterra, Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Sindicato de Estudantes, BNG, Galiza Nova e Federación de ANPA de Ponteareas.

O sector do ensino maniféstaseasí outra vez dividido, como sucede dende que empezou a crise e os recortes. A nivel de centrais de traballadores, por un lado van os sindicatos de ámbito estatal máis o galego STEG, e polo outro lado -máis nacionalista- a CIG, que é o sindicato con maior representación no ensino público de Galicia.

Rolda de prensa da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia
Rolda de prensa da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia

A nivel político, os partidos -salvo lóxicamente o PPdeG- aproveitarán a xornada de mañá para sumarse a reclamación da fin das reválidas.  Por exemplo, as deputadas de En Marea Luca Chao e Ánxeles Cuña manterán unha xuntanza coa Confederación de ANPAs de Galicia no Parlamento tratar diferentes aspectos relativos á derrogación da LOMCE  e o apoio de En Marea ás concentracións.

Pola súa banda o portavoz de Educación do Grupo do PSdeG, Luis Álvarez Martínez, prometeu hoxe que a polémica Lomce “non vai chegar a implantarse” xa que conta coa oposición en bloque de todo o Congreso agás o PP. Así o dixo nunha rolda de prensa na que respaldou as protestas convocadas polo sector educativo para mañá en toda Galicia, das que participará o Grupo Socialista para reclamar a paralización das reválidas de Secundaria e Bacharelato.

O BNG tamén se mantén activo contra as reválidas. Por exemplo, este mes en Santiago  lanzou unha moción para eliminar as reválidas e derrogar a LOMCE, ademais de” instar á Xunta a defender as nosas competencias para fortalecer un ensino público, galego e de calidade que fomente a lingua propia do noso país”. Foi aprobada cos votos de BNG, Compostela Aberta e PSOE.

A Lomce podería ser un dos aspectos que Mariano Rajoy estaría disposto a negociar a cambio de asegurarse un apoio máis estábel dos socialistas ao seu novo goberno, unha vez que cristalice a abstención no inminente debate de investidura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Gamela

Vigo contra a LOMCE // https://youtu.be/5eu_08lH6Uw

3 Gamela

Sen unidade sindical a Consellería ten vía libre para converter o ensino nun CUARTEL ! http://www.galiciaconfidencial.com/...

2 Porque tu lo vales

1 Gamela

Que ninguén esqueza que o artífice desta perversión educativa (LOMCE) segue a vivir coma un sultán en París pagado por todos nós... Mentres os sindicatos seguen dividindo á xente , a ver se algún día son capaces de EXPLICARSE !!! http://gamela00.blogspot.com.es/201...