O PP de Pontevedra espera que a concelleira de C's ofreza desculpas e unha explicación pola acusación de filtración

O edil do Partido Popular no Concello de Pontevedra César Abal rexeitou este martes as acusacións da concelleira de Ciudadanos, María Rey, que o considera autor dunha falta "moi grave" por supostamente filtrar un expediente municipal con información sobre a súa exparella.

PONTEVEDRA | 25/10/2016 | Actualizada ás 18:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O edil do Partido Popular no Concello de Pontevedra César Abal rexeitou este martes as acusacións da concelleira de Ciudadanos, María Rey, que o considera autor dunha falta "moi grave" por supostamente filtrar un expediente municipal con información sobre a súa exparella.

"A mi chamoume un xornalista do diario ABC o día anterior á publicación da noticia e eu, como é mi deber, accedo ao expediente para ver de que vai o asunto", explicou Abal en rolda de prensa. Ao respecto, o concelleiro popular engadiu que "unha noticia dese calibre, que está dous ou tres días na prensa, non se elabora en media tarde".

Aínda que non recibiu traslado do expediente sancionador, o concelleiro do PP mostrouse convencido de que respectou o seu deber de sixilo, aínda que tamén destacou que a información publicada "é unha sentenza pública". "Eu son un concelleiro que me dedico ao meu traballo, non me dedico a temas cutres", apostilou.

Por iso, Cesar Abal indicou que "María Rey debería deixar de buscar culpables para un problema que ela mesma creou". Deste modo, convencido de que "esta pataleta non vai ter máis recorrido", avanzou que presentará as alegacións pertinentes.

"María Rey quere buscar culpables para unha acción deplorable, que é a que cometeu ela, premeditadamente, aproveitándose dunha tarxeta falsificada para aparcar en zonas habilitadas para persoas con mobilidade reducida", destacou. "Para esta concelleira o malo non é aparcar en prazas destinadas a persoas con minusvalidez. Para María Rey o malo é que un medio de comunicación nacional o publicase", puntualizou.

"María Rey non pediu desculpas a ninguén, nin ofreceu explicación ningunha ás persoas con mobilidade reducida ás que, durante polo menos catro meses, privou dun aparcamento utilizándoo de xeito fraudulento", manifestou Abal.

Así mesmo, lamentou verse obrigado a saír en rolda de prensa a tratar este asunto en lugar de falar dos temas que preocupan aos pontevedreses. "Cando este expediente se arquive, que se arquivará, supoño que tampouco me dará explicacións nin me pedirá perdón", sentenciou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta