Popular reducirá os peches de oficinas en Galicia e non eliminará emprego en tres sucursais nas que prevía facelo

Sindicatos valoran como "un pequeno paso" a diminución do 10% das saídas, que extrapolada á comunidade galega significaría 44 menos

Santiago de Compostela | 25/10/2016 | Actualizada ás 19:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Popular reducirá os peches de oficinas en Galicia, inicialmente cuantificados en 42 -30 de Pastor e 12 de Popular-, e non eliminará emprego en tres sucursais nas que prevía facelo -dous na provincia da Coruña e unha en Pontevedra-.

Así o trasladou este martes a dirección aos sindicatos, quen, en declaracións a Europa Press, valoran como "un pequeno paso adiante" a diminución nun 10% das saídas ás que aspira a entidade no conxunto estatal na súa reestruturación de equipo.

Así, en toda España, o axuste pasaría, segundo a proposta do banco, de 2.894 a 2.592 persoas. En Galicia, de ser extrapolable esta porcentaxe, de 435 afectados pasaríase a 392, pero os representantes dos traballadores prefiren ser cautos, toda vez que aínda non dispoñen das novas cifras territorializadas.

A dirección facilitou os datos neste encontro por áreas de negocio e os afectados en oficinas que pechan pasan de 1.260 a 1.144; en sucursais que perdían empregos, de 359 a 316; mentres en oficinas que ían abrir de forma rotatoria e que polo tanto baixaban o seu número de empregados, de 235 a 153. Nos servizos centrais a medida chegará a 404 persoas, fronte ás 465 formuladas nun primeiro momento.

"NON NOS VALE"

A representante da CIG Rosa Conde advertiu de que non lles "vale" esta nova proposta, xa que o seu obxectivo continúa sendo que o maior número de saídas se produzan de forma voluntaria, e as condicións económicas que formula Popular, a xuízo de todas as centrais, son insuficientes.

Así, por parte de CC.OO., Carmen Peteiro dixo que "sobre isto xa se pode empezar a traballar" e negociar, polo que lamentou "que se perdera tanto tempo" ata este punto. "Queda moi pouco tempo, pero xogamos muchísimo niso e pola nosa parte non vai quedar", indicou.

Peteiro celebrou que a entidade saíra "da súa postura enrocada" e incidiu en que o propósito do sindicato é que "cantos máis traballadores poidan acollerse ás baixas voluntarias.

Ademais, insistiu en que a dirección "segue falando de salarios netos e non brutos" para as condicións para prexubilacions e saídas voluntarias, se ben xa son "un pouco máis xenerosas", e non o "ridículas que foron na súa opinión ata este momento".

De UGT, Javier Castro dixo que a nova formulación do banco "non é plenamente satisfactoria" pero si "un pequeno paso cara a adiante", posto que os responsables de Popular "melloran minimamente a proposta da semana pasada".

Neste escenario, as organizacións sindicais achegaron ao banco as súas propias propostas, á espera dunha nova cita en Madrid este xoves.

PROTESTA EN OURENSE E EN LUGO

Neste contexto, este mércores volverá producirse unha concentración en Galicia en contra do expediente de regulación de emprego en Popular-Pastor, nesta ocasión en Ourense, a partir das 18,30 horas.

Xa o próximo mércores, día 2, a mobilización trasladarase á cidade de Lugo, un día antes de dúas novas datas clave: está previsto que os días 3 e 4 ambas as dúas partes prosigan coas súas conversacións na capital do estado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta