A Coordinadora de Normalización bota o pecho tras sete anos

Ninguén se presentou a dirixir esta organización na última Asemblea Xeral.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/10/2016 | Actualizada ás 22:28

Comparte esta noticia

A Asemblea Extraordinaria da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística asinou a acta defunción deste colectivo o 23 de setembro. Dende o Consello Directivo en funcións relatan que ninguén se presentou para asumir a dirección polo que na Asemblea  votouse a non continuidade da CGENDL.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

A partir deste momento non haberá unha coordinación entre os mestres e funcionarios públicos que traballan neste eido. Con todo, a páxina web seguirá activa ata decembro de 2017.

A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) naceu en 2009 e era un dos organismos máis relevantes no debate sobre a lingua. Estaba formada por equipos de centros públicos, privados e concertados, e presumía contar con "persoas de ideoloxías moi plurais, unidas por un mesmo ideario lingüístico: o galego é a lingua propia de Galicia, tal e como di o Estatuto de autonomía".

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

8 Óscar

Sinto ler estas novas, Noraboa polo traballo. Son mestre o teño moitísimas dificultades para empregar recursos en galego, e era a Coodinadora unha plataforma de moito valor. Ogallá un día non existan estas coordinadoras porque iso signifique que a lingua galega está normalizada. Parabéns polo esforzo destes anos!

7 anonimo

Unha boa nova, xente adicada a impor a lingua e a lavarlles o tarro aos rapaces. Menos bulto más claridá

1 Miño

O caso é que os profesores que integran os equipos de normalización fan un traballo inmenso de acordo a unha legalidade e a uns regulamentos moi claros. Se para ti facer teatro, certames literarios e de todo tipo, difusión do patrimonio cultural, clubs de lectores, películas, radios e todo tipo de actividades encamiñadas a que os alumnos se expresen en galego e mellore a imaxe social do galego, é adoutrinamento, apaga y vamonos. Non sabes o que é educar nin queres rapaces mellor formados, non me estrañaría que foses de Galicia Bilingüe, unha asociación política que fomenta que os galegos do futuro teñan menos formación lingüística e doutros moitas disciplinas e competencias. O que se pode ver aquí é bastante respectable, ou que? http://coordinadoraendl.org/limiar....

6 anonimo

Unha boa nova, xente adicada a impor a lingua e a lavarlles o tarro aos rapaces. Menos bulto más claridá

5 Hartodelalengua

Ahora sería de desear que tambien pechara la Ley de Anormalización, la mesa por la anormalización, prolengua, queremos gallego y todas las cosas esas que te defienden la imposición del idioma regional.

1 HartodeIdioteces

Estou de acordo. Pero iso tamén cando se peche o Instituto Cervantes, Galicia Bilingüe, La Voz de Galicia e outros chupasubvencións que defenden a imposición do idioma castelán, que son as que levan ata 5 veces máis cartos que todas as organizacións a prol do galego

2 anonimo

oye, neno, a Galicia Bilingüe no la metas en la lista, nunca llevaron ni una sola subvención, ni tampoco la pidieron

3 Miño

Claro, anónimo, como esta coordinadora. Nin un só peso público e un labor enorme para coordinar o traballo de centos de profesores e equipos de toda Galicia para facer que os cartos do contribuínte rindan máis, xa que a Xunta pouco fai. Neste sentido, son funcionarios exemplares, non se sabe se Gloria Lake pode dicir o mesmo.

4 Españolistas dades noxo

Non, Galicia Bilingüe só mamou por decreto 50.000 € para "eventos de promoción" varios anos, máis o que chupa en subvencións o Círculo Financeiro de Vigo. Que cara.

4 Obrigados e até outra

Pois moitos ánimos e a crear algo mellor, se pode ser desde o asociacionismo á marxe das institucións, que de pouco serven se están tomadas polos de sempre. Sociedade civil e autoorganización, transversalidade, pluralidade e fóra complexos. Avante co que ha de vir.