SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2016 | Actualizada ás 10:17 por EUROPA PRESS
O Pazo de San Roque de Santiago acollerá este xoves a presentación da obra gañadora do I Concurso 'Balbino' de Relatos, 'Camiños na sombra', nun acto que contará coa presenza do seu autor, Xián Lois Alcayde Dans.
A obra deste mozo, estudante de xornalismo, foi elixida polo xurado do premio de entre os 30 orixinais presentados ao concurso pola súa "orixinalidade, calidade e modernidade".
O Concurso 'Balbino' de Relatos está dotado cun premio de 1.500 euros e a publicación do libro gañador, que está editado por Edicións Fervenza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.