Os animalistas pídenlle á Xunta 700.000 euros para combater o maltrato animal

Denuncian que o pasado ano abandonáronse en Galicia ao redor de 15.000 cans e gatos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2016 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera e a Fondation Franz Weber sinalaron que o seu primeiro contacto cos grupos do Parlamento será para tratar a "cada vez máis próxima elaboración dos Presupostos da Xunta de Galicia para 2017", unhas contas que os colectivos esperan 'emendar' con partidas por valor de 700.000 euros contra o abandono animal.

Can maltratado en Camariñas
Can maltratado en Camariñas | Fonte: Garda Civil

A aposta por unhas contas "máis animalistas" xustifícase na "necesidade de atallar unha problemática de abandono animal que non deixou de aumentar dende 2010". Segundo as estimacións das organizacións, na comunidade abandonáronse o pasado exercicio ao redor de 15.000 cans e gatos, "co conseguinte gasto público que iso supón en servizos de lazaría e en acollida".

A proposta dos animalistas recolle que o maior desembolso sería para crear unha liña de axudas para os concellos, dotada con 500.000 euros, que se dedicarían a elaborar campañas conxuntas, programas de sensibilización ou cofinanciar melloras en centros de acollida de animais. Así mesmo, propoñen unha convocatoria de subvencións para entidades protectoras, de concorrencia competitiva e con 100.000 euros de presuposto.

Finalmente, os animalistas reclaman que o executivo de Núñez Feijóo aposte polas campañas de sensibilización en medios de comunicación con 50.000 euros e desembolse a mesma cantidade para traballar a tenza responsable e as boas prácticas no terreo educativo, con actividades centradas nas idades escolares máis temperás.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta