O xornalista galego Jacobo Caruncho lanza EMPOSITIVO para informar sobre a esclerose múltiple

Unha de cada mil persoas en España padece esta enfermidade, que terá nesta publicación en liña un tratamento informativo distinto, cun enfoque máis humano sobre esta doenza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/10/2016 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Despois de meses de traballo, o xornalista galego Jacobo Caruncho estreou este mércores EMPOSITIVO, un novo portal de información sobre a esclerose múltiple, unha enfermidade que padecen unha de cada mil persoas en España e que sofre o propio Caruncho. EMPOSITIVO forma o seu nome de EM (Esclerose Múltiple) e positivo,  "porque queremos que este portal teña un enfoque positivo", segundo se explica no propio sitio web.

O portal empositivo.org é unha iniciativa do xornalista galego Jacobo Caruncho.
O portal empositivo.org é unha iniciativa do xornalista galego Jacobo Caruncho.

"Somos conscientes de que cada persoa é un mundo, que cada paciente con esclerose múltiple ten a súa historia e que merecen ser contadas. Nalgúns casos será máis difícil sacar esa positividade, pero estamos convencidos de que non imposible. E noticias hai, e moitas, que poden alegrarlle a un o día", argúese.

Que sexa unha publicación en positivo sobre unha enfermidade "non significa que na web non se vaian a tratar os aspectos negativos" desta doenza, ou que se vaian "ocultar os casos máis graves". "Todo o contrario. En EMPOSITIVO trataremos todas as realidades da esclerose múltiple desde distintos puntos de vista e trataremos de dar voz a aquelas persoas e asociacións que máis o necesiten", xustíficase.

EMPOSITIVO nace, polo tanto, coa fin de informar sobre a enfermidade, sobre a actualidade que a rodea e os avances que se van conseguindo. Curiosidades como actores de cine e televisión que padecen esta doenza, aplicacións móbiles útiles para os pacientes, publicacións de interese, debates e charlas terán espazo nesta publicación, na que os grandes protagonistas serán os pacientes. "Eles son o principal motivo polo que nace este portal, para dar visibilidade e apoiar a todas esas historias que teñen como protagonista á coñecida como enfermidade das mil caras".

"Os seus testemuños poden ser útiles para moitas outras persoas que están a pasar pola súa mesma situación. Tanto para os protagonistas, os propios pacientes, como para o círculo que lles rodea. Os familiares e amigos son unha peza crave no día a día da enfermidade. Do mesmo xeito que eles, as asociacións xogan un papel fundamental. Seguirémoslles a pista para estar ao día das súas actividades e novidades", adiántase nun editorial publicado hoxe en EMPOSITIVO, que agarda algún día poder dar "a noticia que todos estamos a esperar: a cura para a esclerose múltiple".

ESTRUTURA DO SITIO

O novo portal divídese en sete seccións: Actualidade, Avances e Investigación, Cultura, En Primeira Persoa, Sociedade, Tecnoloxía e Vivir con EM. 

Ademais, conta cun apartado sobre información práctica sobre a esclerose múltiple no que se explica, en distintas páxinas, que é, as cifras da enfermidade, os tipos, o diagnóstico, os síntomas e os tratamentos, ademais das asociacións involucradas en apoiar aos enfermos.

A publicación tamén convida a xornalistas, enfermos, familiares, membros de organizacións e expertos a colaborar con contribucións voluntarias en forma de contidos ou consellos e outras aportacións valiosas para facer crecer este proxecto.

EMPOSITIVO comezou hoxe a súa andaina con varios contidos de gran utilidade e cun artigo moi persoal de Jacobo Caruncho no que relata a súa propia experiencia como doente e os motivos que o levaron a poñer en marcha este proxecto informativo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Marcos Madrid

Gran proyecto, seguro que muchísima gente obtiene de tus artículos información valiosa que por otros medios le costaría mucho encontrar, mucho ánimo Jacobo!!

2 Em Positivo

Parabéns, un slogan em galego auténtico

1 Raúl Davila Aparicio

Muy BUENO y SENCILLO. Sigue con tu planteamiento en positivo.