O Ciclo 1906 presenta o soul de Clarence Bekker en Ferrol, Lugo e Santiago

Na súa novena edición, o Ciclo 1906 Jazz presenta a xira de concertos de Clarence Bekker en Galicia, que pasará por Ferrol, Lugo e Santiago de Compostela.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2016 | Actualizada ás 06:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Na súa novena edición, o Ciclo 1906 Jazz presenta a xira de concertos de Clarence Bekker en Galicia, que pasará por Ferrol, Lugo e Santiago de Compostela.

En concreto, as citas serán o xoves, a partir das 22,00 horas, no Bla Bla Café de Ferrol; o venres, ás 00,00 horas, no Clavicémbalo de Lugo; e o sábado, ás 22,30 horas, no Dado Dadá de Santiago de Compostela.

Nacido en Surinam, pero de nacionalidade holandesa, a carreira de Clarence Bekker pasou por ser o membro máis novo da exitosa Swinging Soul Machine, participar do colectivo World Music 08001 e ser a voz do proxecto viral Playing For a Change, apoiado por estrelas internacionais como Bono ou Keith Richards. Transitou do éxito grazas á música dance a vivir como músico vagabundo en Barcelona e regresa agora, "con máis forza", da man do soul.

O ciclo 1906 Jazz forma parte da programación musical que a compañía cervexeira engloba dentro do concepto '1906, A Nosa Interpretación Máis Persoal', onde se reúnen grandes figuras do mundo do jazz, blues, soul, flamenco e R&B que triunfaron "grazas á súa personalidade única, o seu carisma e virtuosismo" en formatos íntimos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta