Temas: PORTUGAL

Buscan en Galicia ao asasino máis buscado de Portugal

“O Piloto” foi visto en Ourense. No país veciño matou a un garda da GNR e a un conductor e deixou feridas moi graves a outras dúas persoas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 27/10/2016 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A Garda Civil busca en Galicia ao asasino máis buscado de Portugal, Pedro João Pinho Dias, apodado “O Piloto”, de 44 anos, expiloto e de formación militar. Varias testemuñas din telo visto conducindo un BMW negro na zona de Sandiás, tras a difusión da súa fotografía.

Pedro João Pinho Dias, apodado “O Piloto”
Pedro João Pinho Dias, apodado “O Piloto”

A Garda Civil verifica informacións como a dun bar de Sandiás onde supostamente un home coas mesmas características parou a tomar un refresco e a pedir un bocadillo, marchándose sen el. O local ten cámaras de seguridade polo que se están analizando.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, confirmou que se está na procura deste perigoso asasino, aínda que non hai constancia certa de que se atopa en Galicia. Outras fontes sitúano xa en Burgos.

Dúas persoas mortas e dúas feridas moi graves

“O Piloto” naceu en Angola e ten formación militar polo que podería esconderse e sobrevivir en zonas montañosas. O crime tivo lugar o pasado 11 de outubro, cando dous axentes da GNR atendían un aviso de roubo e procederon a identificar ao ocupante do vehículo. Pedro João Pinho,  baixou e disparou á cabeza dun dos gardas, que faleceu. Dias feriu ao segundo axente.

Desde o suceso en Aguiar de Beira, no distrito portugués de Guarda, a 90 quilómetros da fronteira con Salamanca, o criminal fuxiu por estrada en dirección a Viseu, onde parou un vehículo e disparou aos seus ocupantes, matando a un mozo de 29 anos e deixando grave á súa acompañante nese momento. Os días posteriores ao dobre asasinato a Garda Civil puxo controis nos antigos pasos da fronteira entre o norte luso e Ourense, nun operativo replicado noutras provincias como Zamora.

Temas: PORTUGAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta