Feijóo sobre o cambio de fuso horario: “Eu non son portugués, son español”

O presidente da Xunta considera “ridículo” que no Estado existan varios fusos horarios diferentes e suliña que debe ser “único” para todos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2016 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

“Eu non son portugués, son español e non vou copiar un fuso horario diferente ao meu”. Así de contundente se amosou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a posibilidade de que se cambie o fuso horario.

Feijóo no Consello da Xunta
Feijóo no Consello da Xunta

Esta proposta, defendida pola  Arhoe, a Comisión Nacional para a Racionalización de los Horarios, e asumida por C's no seu programa electoral, está comezando a abrir debates no conxunto do Estado. Hai uns días, o Parlamento balear aprobaba unha resolución na que pedía ao Executivo de Madrid que non se cambie a hora nas illas porque afecta ao turismo.

Neste sentido, e preguntado por GC na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo desbotou esta idea e insistiu en que “España debe ter un fuso horario único”. Así, criticou que os baleares ou algúns partidos galegos –en alusión ao BNG e Anova-- queiran ter horas diferentes ao do conxunto do Estado. “Non estou para nada de acordo”, insistiu.

Así, sinalou que España é un “pais mediano” da UE e que non se pode comparar con EE.UU ou Europa, onde hai distintos fusos horarios. “É ridículo que haxa fusos horarios diferentes nun país como o noso”, aclarou.

“Pódese estudar a nivel xeral”

Con todo, Feijóo non se opón a que se abra un debate sobre un cambio de hora en todo o Estado, tal e como propón Ciudadanos. Unha idea á que se sumou tamén o PSOE e tamén o propio PP. “Pódese estudar e se hai un debate que afecte ao conxunto do Estado, pois perfecto, pero outra cousa é dividir o país en fusos horarios. Xa me opuxen durante o bipartito e tamén me opoño agora”, concluíu.

Sobre esta cuestión, o científico Jorge Mira, nunha entrevista en GC, destacou que sería “irrelevante” cambiar o fuso horario actual e criticou aos “grupos de poder”, en alusión a Arhoe, pola súa insistencia en introducir esta cuestión na axenda dos partidos políticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

18 Carlos Galvao

Pois Estados Unidos que ten tres zonas horarias... Q facemos? Acusalos de terrorismo horario?

17 TnO

Segundo Feijóo Canárias nom é Espanha. Que mau é o fascismo PPeiro, nom fazem diferença entre a sua ideologia e a ciência. Senhor analfabeto, saiba que a distribuçom nom é a estado por fuso. Deveria demitir, nom é normal que umha pessoa que nom passou pola escola chegue a presidente. Em que clase de país vivemos?

16 Amancio

Feijóo é un indixente intelectual. Non tivo unha idea propia nos 40 anos que leva a empalmar cargos públicos para os cales non fixo mérito ningún e non a vai ter agora, así argumenta. Un pésimo sucesor de Fraga que moito nos tarda que lisque para Madrid a outro postiño que tampouco merece.

15 Desiderio

Feixó é un incompetente. Tivo unha boa ocasión para destacar e non soubo aproveitala: era o momento de pedir unha hora menos para todos (a sus idea de nación), a mesma hora para toda España (incluido Canarias), a unidade horaria, até con Portugal (grandezas de imperio). Ficaría como un líder no estado, acadaría valiosos puntos na sucesión ao cargo que ocupa Raxoi. Agora xa foi, perdeu a ocasión por pretencioso españolismo. Cousas de poucas luces!

14 Bufffff

Estes nacionalistas pensan que a ciudadanía está composta por pallotes e vai ser que todo o mundo sabe que propoñen o cambio de fuso horario para poder argumentar que Galiza non ten nada que ver con Expaña, etc. O de sempre. A argumentación é tan pobre que entra no caricaturesco. Úsase unha mistura entre argumentun ad hitlerum e argumentun ad francum. Como a Hitler lle gustaba o chocolate e a Franco a tortilla francesa, ambos alimentos son malos. Como o cambio de fuso fixoo Franco para adoptarnos ao horario da Alemania nazi, o cambio é malo..Non cola, rapaces.

1 XanKaraLlás

É malo porque non é real, no inverno estamos unha hora por diante da real (en Portugal, por exemplo, non fan iso e desde logo Galicia está no mesmo fuso horario que Portugal) e no horario do verán estamos dúas horas mal. Entendes, burriño?

2 Montesío

No verán, a maior parte de Galicia está 3 horas fóra do seu horario, o resto de España e a maior parte de Portugal está 2 horas fóra do seu horario. Portugal segue o horario de Londres pero Lisboa está nun fuso horario distinto, 1 hora menos. Eu son partidario desta opción. Que toda a España peninsular volva ao horario de Londres que lle corresponde, e Galicia se adapte tamén a ese horario de Londres aínda que nos corresponda unha hora menos (a efectos reais serían entre 20 e 40 minutos máis ou menos a adaptación). Canarias tamén podería permanecer nese horario, co cual xa formariamos un bo bloque no horario WET (west European Time), Portugal, toda España, Uk e Irlanda. Se Franza e os BENELUX, se adaptasen tamén a este horario (que é o que lle corresponde) todo quedaría máis claro e fácil. Desafortunadamente co Brexit isto vai ser imposible.

3 XanKaraLlás

O Brexit non ten nada que ver. Todo o mundo debería ter como oficial a hora real que ten polo sol. Por certo, estou totalmente a favor do Brexit, e sobre todo gustaríame que se producise no estado español. Nunca estivemos peor economicamente e con máis desigualdades sociais, desde hai moito tempo, que agora, dentro da UE.

4 Zalo García

No tocante ao fuso horario, claro que Galicia nada ten que ver con España, ¿ou che parece normal que en Barcelona sexa de noite, i en Vigo ainda queden duas horas para que anoitezca? O normal sería cambiar todo o horario do país, pois para aqueles que non o saiban ainda, éste non é o noso horario normal, que foi cambiado por Franco para que toda Europa tivese o mesmo horario durante a II guerra mundial, o remate da mesma, os demais países que a cambiaron, (Portugal, e Reino Unido, xunto con España) voltaron ao seu horario, salvo nosoutros no que Franco deixou o horario que agora temos, por tanto o mais normal é que nos poñamos como Portugal e Reino Unido, pois ese é o horario real que nos corresponde