En Marea advirte do incremento en Galicia dos ERE e critica que se use a reforma laboral "para despedir barato"

Antón Sánchez e os deputados Juan Merlo e Pancho Casal reúnense con traballadores de Isolux-Corsán, que afrontan un expediente

Santiago de Compostela | 27/10/2016 | Actualizada ás 14:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, advertiu este xoves do incremento en Galicia dos expedientes de regulación de emprego (ERE) e criticou que "se estea a utilizar a reforma laboral para despedir barato".

Sánchez, que, xunto aos deputados Juan Merlo e Pancho Casal, se reuniu este xoves con traballadores de Isolux-Corsán, sinalou a outros equipos que na comunidade galega afrontan axustes, como Popular e Extel, e concluíu que "se está a consolidar un cambio de modelo económico".

Así, destacou que mentres no estado os ERE baixaron un 13% ata agosto, en Galicia subiron un 15%. "Estase a destruír emprego en sectores con profesións cualificadas, con certa estabilidade e unhas certas condicións salariais, e estanse a crear empregos precarios, inestables e pouco cualificados", advertiu. E sentenciou: "así non imos ben".

En Marea detecta tamén que a incidencia en Galicia destes procesos "é moito máis grave", e apuntou ao caso de Ferroatlántica, cunhas seccións de enerxía que "están a crear emprego en Madrid e destruíndoo" na comunidade galega.

"Mentres isto siga así e se estea a utilizar a reforma laboral para despedir barato e cambiar o modelo económico e laboral imos mal, e non se pode ter discursos triunfalistas", aseverou Antón Sánchez.

ISOLUX

Neste sentido, chamou a atención sobre que os profesionais de Isolux-Corsán son traballadores "con experiencia, que van ter unha situación difícil ou van ter que emigrar a outros lugares". "Cremos que é unha descapitalización para Galicia e pelexaremos para darlle visibilidade á clase traballadora e xente que durante moitos anos creou riqueza, durante case dúas décadas de ouro das construtoras no estado español", incidiu.

Pola súa banda, o representante da asemblea de traballadores de Corsán Sergio Vázquez subliñou que o seu obxectivo é "ter voz" e que o seu conflito sexa visible.

O grupo prevía despedir 500 persoas en toda España, pero a cifra tras o preacordo alcanzado este mércores reduciuse, e en Galicia situarase, segundo as súas estimacións, nuns 23 traballadores, todos eles da parte construtora do grupo -inicialmente este número era de 32-.

A maiores, ata 75 traballadores de Isolux Corsán, do ámbito do naval e de Coirós (A Coruña), poderán acabar saíndo da empresa se esta non logra pechar contratos nos próximos meses, xa que o preacordo así establéceo nunhas "preventivas".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta