Ron (EU) lamenta que se fagan públicas cuestións "internas" como a petición de Villares, quen declina pronunciarse

O membro da dirección de Esquerda Unida Xabier Ron falou este xoves sobre as peticións económicas e de medios por parte do voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, para lamentar que este tipo de cuestións "internas" saian á luz pública, toda vez que poden ser obxecto de "distorsión".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2016 | Actualizada ás 15:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O membro da dirección de Esquerda Unida Xabier Ron falou este xoves sobre as peticións económicas e de medios por parte do voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, para lamentar que este tipo de cuestións "internas" saian á luz pública, toda vez que poden ser obxecto de "distorsión".

"Estamos moi habituados, por desgracia, a que as cousas do nivel interno, de discusión, das organizacións políticas, saian nas plataformas mediáticas", sostivo Ron, ao ser preguntado en rolda de prensa sobre as solicitudes do maxistrado en excedencia. "Tratemos as cousas internamente e con tranquilidade", apelou.

Máis alá desta reflexión, aseverou que o seu partido non ten ningún tipo de documentación sobre as demandas de Villares e apuntou que se tomará unha posición ao respecto en canto se reciba. Iso si, subliñou que corresponde á coordinadora de En Marea "estudar" esas propostas e ponderar a súa conveniencia.

Trátase, como explicou o exdeputado, de analizar as necesidades do lucense para realizar o "traballo representativo" que ten que levar a cabo, que implica, entre outras cuestións, "desprazamentos por toda Galicia" para "atender todas as peticións" e "ter ben cohesionado un proxecto que acaba de nacer".

Ao respecto, pediu "non confundir" este desempeño dos seus labores con algún tipo de privilexio da clase política, dende o convencemento de que "sempre" hai alguén a quen lle interese "que exista unha confusión" en relación á actividade pública dos representantes das mareas.

SEN COMENTARIOS DE VILLARES

Por a súa parte, o propio Villares, preguntado polos xornalistas ao respecto ó termo dunha reunión con UGT, declinou abordar de novo o asunto.

O mércores xa argumentou que as súas peticións obedecen á necesidade de seguir tecendo unha organización "embrionaria" por toda Galicia e as contrapuxo co "privilexio de ter medios sen pedilos", como acontece coa "vella política".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta