Feijóo rexeita fusos horarios distintos dentro do Estado: "Eu non son portugués, son español"

O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, defendeu un fuso horario único para o Estado e avanzou que el non apoiará que haxa "un en Baleares, outro en Madrid e outro en Galicia". "Eu non son portugués, son español", esgrimiu.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2016 | Actualizada ás 17:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, defendeu un fuso horario único para o Estado e avanzou que el non apoiará que haxa "un en Baleares, outro en Madrid e outro en Galicia". "Eu non son portugués, son español", esgrimiu.

Manifestouno, ao termo do Consello da Xunta, despois de ser preguntado pola petición de Baleares en relación ao fuso horario, que esgrime que, ao ser a comunidade máis oriental do Estado, anoitece máis pronto e o horario dana os seus intereses turísticos.

Outras comunidades, entre elas Galicia, tamén debateron sobre esta cuestión en distintos momentos.

Ao respecto, Feijóo sinalou que el rexeita un fuso distinto en función das comunidades, aínda que lle parece "perfectamente posible" debater acerca de cambialo a nivel global en España.

Pero insistiu en que non acepta fusos distintos dentro do país. "España non é Estados Unidos nin Europa, é un país mediano na Unión Europea e sería ridículo que en Mallorca exista un fuso distinto do de Vigo, pareceríame ridículo nun país tan mediano como España", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta