3,4 millóns da Deputación para Balaídos

A Deputación de Pontevedra aproba este venres unha addenda ao convenio co Concello para achegar 3,4 millóns e cofinanciar a reforma da bancada de Río e os novos sistemas de iluminación do estadio municipal, cuxa reforma total alcanzará os 32 millóns.

Por gcdeportes | Vigo | 27/10/2016 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aproba este venres unha addenda ao convenio de Balaídos para achegar 3,4 millóns e cofinanciar a reforma da bancada de Río en Balaídos e os novos sistemas de iluminación do estadio municipal. Adiantouno a presidenta do organismo provincial, a tamén concelleira Carmela Silva, quen destacou que o estadio municipal de Balaídos estivo durante décadas “abandonado” polos anteriores Gobernos municipais.

A nova bancada de Tribuna de Balaídos vai collendo forma. / @RCCelta Aspecto actual da reforma da bancada de Tribuna de Balaídos. / @rccelta_oficial
A nova bancada de Tribuna de Balaídos vai collendo forma. / @RCCelta Aspecto actual da reforma da bancada de Tribuna de Balaídos. / @rccelta_oficial

Silva afirmou que, tras asinarse inicialmente un convenio por case cinco millóns, aprobarase agora unha addenda para co-financiar a reforma de Río e o proxecto lumínico, de xeito que a Deputación achegará 3,4 millóns, a mesma cantidade que o Concello vigués.

Segundo precisou posteriormente o alcalde, Abel Caballero, a reforma da bancada de Río custará en total preto dos 8 millóns de euros, dos que un millón xa se investiron nas reformas de seguridade e reforzo da estrutura. Os outros 6,8 millóns serán achegados, a partes iguais, pola institución provincial e polo Concello. O rexedor explicou que esa obra xa saíu a licitación e que máis dunha trintena de empresas amosaron xa o seu interese por presentar ofertas (o prazo remata o vindeiro 14 de novembro).

Abel Caballero fixo resume da inversión en Balaídos, cuxa reforma total alcanzará os 32 millóns. A bancada de Tribuna levou 7 millóns, entre os cartos achegados por Concello, Deputación e o propio club. En Río, o investimento chegará ata os 8 millóns. E reconstrución de Marcador, que tamén asumirán Concello e Deputación, custará 7,5 millóns, o mesmo que as obras da bancada de Gol, para as que o alcalde busca un patrocinador deportivo. A renovación da iluminación vaise aos 2,5 millóns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta