Democracia Ourensana propón a toda a oposición sentar as bases dun goberno "alternativo" sen esixir a alcaldía

O rexedor considera que a proposta é froito do "desespero polos malos resultados" de DO o pasado 25-S

OURENSE | 27/10/2016 | Actualizada ás 19:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Democracia Ourensana (DO) invitou a PSOE e a Ourense en común a fixar unha reunión en novembro para sentar as bases dun "goberno alternativo" para a cidade, coa promesa de que "non existirán obstáculos persoais" que impidan o acordo entre os tres grupos.

DO presentou este xoves unha proposta aos voceiros dos grupos da oposición para invitalos a realizar un estudio "sen límite temporal e sen compromisos previos" que sirva como basee para un "proxecto de cidade desexable" e para "desenvolver a división de funcións e de responsabilidades" necesaria para poñelo en marcha.

Para garantir o "éxito" destas reunións futuras, DO comprometeuse a que non existan "obstáculos persoais" que impidan impulsar un cambio, ao entender que "deben primar os intereses da cidade" sobre os dos particulares".

É por este motivo polo que o voceiro de DO, Gonzalo Pérez Jácome, quen nos últimos meses mantivo enfrontamentos co voceiro do PSOE e o de Ourense en común, non asistirá a esta primeira toma de contacto na que, de celebrarse, se reunirían dous representantes por cada partido da oposición.

Así mesmo, Democracia Ourensana propuxo que a próxima semana se fixe a data deste primeiro encontro, aínda que se confirma que será despois de que teña lugar o próximo pleno municipal, fixado para o catro de novembro.

RESPOSTA DE JESÚS VÁZQUEZ

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez (PP), considerou que a proposta de DO responde ao "desespero" e ao "grande batacazo" da formación de Jácome nas eleccións galegas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta