GC Aberto

Carta aberta á Marea de Vigo

Sodes representantes de 16.000 cidadáns e non unha "triste figura" que senta no Pleno do Concello...

Por Gamela | GC ABERTO | 31/10/2016

Comparte esta noticia

Amigo Chili, por casualidade atopei a túa autocrítica neste agochado Faladoiro da Marea de Vigo...

Gamela - Carta Aberta - Os tres da Marea de Vigo
Gamela - Carta Aberta - Os tres da Marea de Vigo

NORABOA pola valentía e grazas por recoñecer a túa responsabilidade no retroceso electoral de Vigo!  Son cousas que se botan a faltar noutros membros da MdV (especialmente no seu portavoz no Concello).

"A nivel Vigo, eu son sen dúbida unha das culpables deses case 9000 votos. En ocasións mirei cousas que ao meu entender eran francamente mellorables, e fun unha das persoas que deixouse levar polo efecto arrastre en lugar de sacar forzas de onde fose e pelexar por eses votos a nivel local. Uns votos que nos deixarían como segunda forza a nivel galego e primeira en Vigo. Fago propósito de emenda, e agardo que tamén o fagan as demais..." Xosé L. Jácome Enríquez o 27/06/16

Esta é a resposta que leva exactamente catro meses sen ver a luz no voso “faladoiro":

¿Por que 8.862 persoas en Vigo decidiron non votar a En Marea logo de 6 meses? Á xente non lle gusta que lle tomen o pelo, e non lle gusta ser convocados a cafeterías cando 3 membros electos da Marea de Vigo son concelleiros dende hai un ano e non se lles coñece actividade relevante algunha (agás cobrar 30.000 euros) e dar comunicados de prensa de cando en vez...

Nin Rubén Pérez (EU) nin os seus compañeiros tiveron a ben aceptar que estaban sentados no Pleno para servir á cidadanía (non para servirse dela adicando o seu tempo a cantas reunións internas de En Marea (en Madrid), IU ou Anova tiñan, mentres a súa actividade no Concello foi ridícula por non dicir colaboracionista co goberno de Abel Caballero.

A cidadanía non traga con espabilados que xogan á política! (conseguistes 16.000 votos procedentes dos votantes de Podemos que non tiñan a quén votar nas municipais! Ou alguén pensa que EU ía sacar eses votos pola cara?) 

Polo tanto as CONFLUENCIAS depende con quen se fagan e como se fagan, son boas ou pura ruína! 

Algúns cren que se pode facer política dende Facebook ou Twitter, e logo nin siquera dan a cara para asumir os resultados electorais e mesmo van ao programa de Fernanda Tabarés (VíaV) enchidos de razón... (Rubén Pérez)

A eses a cidadanía retiroulles a confianza, 8.862 persoas menos, son moitas persoas en Vigo!

Se esta crítica é dura, mesmo podería suavizala se houbera resposta CONSTRUCTIVA pola vosa parte, e cando vin a autocrítica de Chili no faladoiro de MdV pensei que existía alomenos "un home xusto" na cidade; pero agora, logo de catro meses sen publicar siquera esta mensaxe e sen resposta algunha pola vosa parte xa non sei que debo pensar...

O que está meridianamente claro é que MdV está lonxe de querer levar a voz da oposición a Abel Caballero!

Nos dous anos que levamos aturando a maioría absolutísima do PSOE local foron os COLECTIVOS SOCIAIS quen fixo o voso traballo e deu a cara polas necesidades da cidadanía en Vigo:

Se institucionalmente colaborades na sinatura de comunicados puntuais de adhesión ás mobilizacións destes colectivos, deberades tomar conciencia de que sodes REPRESENTANTES de 16.000 cidadáns de Vigo e non "unha triste figura" sentada no Pleno do Concello, marionetas colaboracionistas mangoneadas polo Gran Titiriteiro de Dinosetolandia...

¿Para que temos representación no Concello e na Deputación? Acaso non temos un Auditorio na Praza do Rei que debera estar ao servizo dun Concello Aberto en non en mans privadas como case todo en Vigo (ver Auditorio Mar de Vigo)?

Non tedes que seguir agochándovos en parroquias e cafeterías, é hora de dar a cara coma representates electos tedes a obriga de amosarlle á cidadanía un camiño de FUTURO (a clandestinidade é cousa do pasado!)

Sinto sinceiramente que esta mensaxe teña que facerse pública no GCaberto, pois enviada hai máis de catro meses ao corazón da Marea de Vigo non fuches quén de publicala siquera no faladoiro para sometela á crítica das compañeiras!

Gamela, que habita en VigoDenuncia, e remite comunicados ao Pleno do Concello sen que ninguén da MdV se faga eco nin do material gráfico que tedes á vosa disposición nin consideredes siquera esta ferramenta de comunicación para aumentar a participación cidadá que en Vigo é tan escasa e dispersa... (Opinión publicada)

Porque algúns entendemos que a democracia é cousa de tódolos días, e non votar para que algúns senten no sillón catro anos!

Saúde e Boa Fortuna !

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

23 Gamela

Calquera que teña un dedo de fronte faría autocrítica dos resultados electorais en Galicia de deixaría os dous sillóns que hoxe ten a Marea de Vigo aos seguintes na lista electoral que os levou ao Concello de Vigo... Alomenos teríamos a oportunidade de mudar as caras e os xestos durante os 3 anos que lle quedan á Marea de Vigo para DESAPARECER DO MAPA ! Claro que os que apañan o sillón en nome da xente ao día seguinte esquecen con rapidez quen os puxo no cargo e a quen deben render contas ! Como mostra un botón ! https://twitter.com/00Gamela/status...

22 Gamela

Logo de tres anos sen recibir resposta algunha, debemos actualizar os datos económicos: Eva Solla, candidata á presidencia da Xunta en 2020 levará empetados 8.000 €/mes durante 4 anos! Pero Rubén Pérez a pesares de perder votos e un concelleiro, amarrará 41.000 € / ano por unha adicación parcial de 26 horas no Concello de Vigo (3.500 €/mes) ata o ano 2023! http://www.parlamentodegalicia.es/s... Así é comunista calqueira !!!

21 Gamela

Se alguén visita esta Carta debe saber que tódolos enlaces que figuran nos meus comentarios están mortos xa que eliminei a miña conta en Twitter debido a súa inoperancia manifesta para poder comunicar coa Marea de Vigo e outros membros de En Marea (Eva Solla e Carmen Santos) que xunto a Rubén Pérez foron quen de BLOQUEAR a miña conta en manifesta oposición á liberdade de expresión en Galicia !!! http://gamela00.blogspot.com/2014/0...

20 Gamela

Agora sabemos que os cargos públicos NON DEBEN bloquear aos disidentes (en EE.UU) pero seguramente algúns seguirán pensando que a liberdade de expresión non ten prioridade algunha á hora de facer políticas de Saloom (En Marea) https://elpais.com/Comentario/15271...

19 Gamela

gostaríame saber se estes partidos que censuran a libre expresión de ideas deben representar á cidadanía? Son lícitos os bloqueos das contas dos disidentes? https://twitter.com/Gamela2017/stat...