A xira do CDG co espectáculo 'Tartufo' recala esta fin de semana na Coruña

O Centro Dramático Galego (CDG) recalará esta fin de semana na Coruña co seu espectáculo 'Tartufo' dentro da xira que está a levar a cabo por toda Galicia. En concreto, ofrecerá senllas funcións no Teatro Rosalía de Castro, este sábado e domingo.

A CORUÑA | 27/10/2016 | Actualizada ás 20:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Centro Dramático Galego (CDG) recalará esta fin de semana na Coruña co seu espectáculo 'Tartufo' dentro da xira que está a levar a cabo por toda Galicia. En concreto, ofrecerá senllas funcións no Teatro Rosalía de Castro, este sábado e domingo.

O director valenciano Carles Alfaro púxose á fronte dun equipo galego para levar ás táboas esta versión da comedia de Molière, primeira produción propia da compañía pública galega para esta tempada.

No elenco, figuran nomes "indiscutibles da nosa escena", sinalan dende a Consellería de Cultura, ata outros que inician a súa traxectoria nos escenarios. Entre eles, están Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá e Patricia Torres.

PROPOSTA "LÚDICA"

Segundo o director, trátase dunha proposta "lúdica e lúcida" que busca reflectir "os claros e escuros da obra orixinal e ser fiel, así mesmo, a mirada tenra, crítica e burlesca". "Tamén cara a mesmo, que caracteriza o conxunto da obra de Molière," explica.

A obra, que se estreou o pasado 23 de setembro en Santiago, representarase no Barco de Valdeorras (Ourense), en Pontevedra e Rianxo (A Coruña) en novembro. En decembro, estará en Vigo, Ourense, Cangas (Pontevedra) e Ferrol.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta