Facenda só fala en castelán

Un cidadán viuse obrigado a devolver un ingreso de Facenda en protesta polo trato aos galegofalantes. A Axencia Tributaria alega excluír o galego e incumprir a lei por falta de medios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2016 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

“A lingua dos procedementos tramitados pola Administración Xeral do Estado será o castellano. Porén o anterior, os interesados que se dirixan aos órganos da Administración Xeral do Estado con sede no territorio dunha Comunidade Autónoma poderán tamén empregar a lingua que sexa cooficial nela. Neste caso, o procedemento tramitarase na lingua elixida polo interesado. (…)”. É o que recolle o  artigo 36.1 da Lei 30/1992. E, a pesar diso, a Axencia Tributaria, segue sen dar a posibilidade aos galegofalantes de utilizar o seu idioma.

Unha oficina da Axencia Tributaria
Unha oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Ministerio de Hacienda

Unha nova denuncia da Mesa volve a incidir nun feito que xa se repite que é a imposibiidade de que as persoas que acoden ás delegacións de Facenda a realizar certos trámites poidan utilizar libremente o galego.

O último caso coñecido a través do servizo A Liña do Galego, foi o dunha persoa que se dirixiu en reiteradas ocasión a Facenda, nun trámite de devolución, para reclamar o seu dereito a que os procedementos dun expediente se realizasen, tamén por parte da AEAT, en galego. Ante a falta de resposta, este cidadán viuse na obriga de devolver o ingreso realizado pola administración tributaria como mostra de protesta “coa maneira en que a AEAT trata aos usuarios da lingua galega”.

Finalmente, e segundo apunta A Mesa, Facenda dignouse a utilizar o galego matizando nun escrito oficial que “nas aplicacións corporativas de Recadación non hai posibilidade de que as comunicacións se realicen en galego”.

Non é a primeira vez que isto acontece. De feito, Facenda chegou a multar á Mesa pola Normalización lingüística por entender que reclamar as notificación en galego era “obstruír” un procedemento. A sanción foi recorrida pola Mesa no tribunal económico- administrativo que lle deu a razón á entidade en defensa da lingua.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

9 nostrus

A Constitucion establece que todos os españoles teñen o deber de comprender o español, polo que alegar que non comprendes o español non é posible. Si que pode darse o caso de españoles que non comprenden o galego.

1 Españolistas dades noxo

"dixo o gilingüe, mentres repetía libertá" Libertá pra impor o castelán é o que queredes.

2 Amancio

A Constitución Española é tan ruin que nos obriga a aprender o castelán, língua vehicular de Penamoa. Con razón os vascos, nobres e fidalgos universais, non a aprobaron.

8 Canutosnocivos

A Mesa necesita cash e ten que facerse notar. Iso é todo.

7 anonimo

Montajes a mesa,

6 Sesese

E faise entender de carallo

5 Obrigados

Parabéns aos vil lingües todos, subides as visitas a este xornal diariamente. Obrigadísimo por contribuírdes á rendibilidade da prensa galeguista ♥