Charlotte Goiar atrasa a decembro a folga de fame ao citala o Sergas en novembro para unha proba en Barcelona

A viguesa de 44 anos Charlotte Goiar comunicou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) lle deu cita para consulta médica o próximo 5 de novembro na Clínica de Barcelona, onde lle realizarán unha proba para determinar o proceso cirúrxico a seguir, co que decidiu atrasar ata o 1 de decembro a folga de fame para esixir ao Sergas que date a operación.

VIGO | 28/10/2016 | Actualizada ás 13:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A viguesa de 44 anos Charlotte Goiar comunicou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) lle deu cita para consulta médica o próximo 5 de novembro na Clínica de Barcelona, onde lle realizarán unha proba para determinar o proceso cirúrxico a seguir, co que decidiu atrasar ata o 1 de decembro a folga de fame para esixir ao Sergas que date a operación.

Segundo manifestou a Europa Press, este xoves a dirección do Sergas avisouno por teléfono de que estaba citada para unha consulta médica o próximo 12 de novembro, se ben este mesmo venres a adiantaron ao 5 de novembro. Nesta consulta está previsto que un equipo especializado lle realice unha proba endoscópica para determinar o procedemento cirúrxico a seguir.

Malia esta cita, que lle foi trasladada con posterioridade a que anunciase a súa intención de iniciar unha folga de fame, a viguesa decidiu manter a devandita mobilización, aínda que atrasou o seu inicio para "dar tempo" a que o equipo médico da Clínica de Cirurxía Plástica Doutor Iván Mañero valore a proba e dea os resultados.

Así, remarcou que empezará a folga de fame partir das 0,00 horas do día 1 de decembro se antes dese día o Sergas non lle dá unha data "definitiva e inmediata" para levar a cabo a última cirurxía que ten pendente para rematar a súa reasignación de sexo e repararlle unha fístula.

"Se antes non me proporciona unha data, levarei a cabo a folga de fame dende ese día ata o final con todas as súas consecuencias", resolveu a viguesa, que insistiu en que "non --lle-- serve que só --lle -- fagan unha proba" porque o que necesita é que "dunha vez quede rematado todo o proceso de reasignación de sexo".

"Isto comeza aparentemente a moverse, pero coñecendo os antecedentes da Administración galega de discriminación continuada contra min, teño que manter a folga de fame pola miña supervivencia", rematou.

ANTECEDENTES

Charlotte Goiar sofre unha patoloxía de intersexualidade coñecida como Síndrome de Harry Benjamin. Debido a que o Sergas non realiza o tipo de cirurxía de reasignación de sexo que a viguesa precisaba, remitiuna ao Instituto de Cirurxía Plástica doutor Iván Mañero de Barcelona, onde en xaneiro de 2015 foi sometida á operación.

Con iso, dábase cumprimento á sentenza do Xulgado do Social número un de Vigo, que en 2014 ordenou ao Sergas que, "á maior brevidade posible", a remitise á clínica e asumise os gastos que implicase a intervención, incluído o transporte, estanza e a operación. O proceso dilatouse porque o escrito xudicial non especificaba que fose a un centro público ou privado.

Actualmente, a viguesa está pendente dunha operación de remodelación estrutural dos xenitais e de reparación dunha fístula, polo que en setembro o Xulgado do Social número un de Vigo instou ao Sergas a que "á maior brevidade posible" a volvese remitir á clínica de Barcelona. Non obstante, como ela entende que leva "moito tempo" á espera, este mércores anunciou que en novembro iniciaría unha folga de fame ata que se date a operación.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta