Continúa aberto o prazo para solicitar os tratamentos de loita contra o cancro do castiñeiro

A Consellería do Medio Rural informou de que aínda está aberto o prazo para solicitar o tratamento de inoculación de cepas hipovirulentas que están afectadas polo cancro do castiñeiro. Así, todos os que teñan pés danados nas súas parcelas poderán beneficiarse dos tratamentos que está a levar a cabo este departamento en colaboración coa Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2016 | Actualizada ás 17:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou de que aínda está aberto o prazo para solicitar o tratamento de inoculación de cepas hipovirulentas que están afectadas polo cancro do castiñeiro. Así, todos os que teñan pés danados nas súas parcelas poderán beneficiarse dos tratamentos que está a levar a cabo este departamento en colaboración coa Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, se o tempo non permitise levar a cabo estas tarefas, os solicitantes quedarían automaticamente rexistrados na base de datos para as inoculacións de 2017. Desta forma, o departamento autonómico pretende alcanzar un sistema de loita biolóxica eficaz que mellore e conserve o patrimonio natural dos bosques galegos de castiñeiros.

Estes traballos de innovación xurdiron en 2003, cun primeiro estudio profundo da natureza e distribución deste fungo en Galicia, co obxectivo de atopar as cepas hipovirulentas que permitisen controlar e diminuír esta enfermidade ao estar en contacto coas cepas daniñas.

Como consecuencia deste estudio, dende 2011 tratáronse en Galicia 44.580 castiñeiros afectados por esta doenza, 19.993 deles o pasado exercicio.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta