Temas: INTERNET

Os preitos nos que somos parte xa se poden consultar en liña

O Goberno promete que progresivamente, incorporará novas funcionalidades a sede electrónica como o inicio electrónico de procedementos monitorios ou o acceso seguro dos profesionais aos expedientes dos procesos xudiciais

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/10/2016 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A Xunta informe que dende xa sede xudicial electrónica permite aos cidadáns e profesionais da Comunidade consultar a situación na que se atopan as demandas ou procesos xudiciais nos que sexan parte. Galicia é a primeira Comunidade en poñer en funcionamento a sede electrónica xudicial, cumprindo os requisitos que marca a Lei 18/2011 do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza.

Sede electrónica de Xustiza da Xunta
Sede electrónica de Xustiza da Xunta

Nesta primeira fase da sede xudicial electrónica os cidadáns tamén poden consultar información dos procedementos que se poderán presentar en sede e verificar documentos electrónicos. Progresivamente, a sede irá incorporando novas funcionalidades para os cidadáns como a de iniciar en liña procedementos monitorios (unha fórmula xudicial para reclamar impagamentos, que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador), ou o acceso seguro dos profesionais aos expedientes dos procesos xudiciais nos que son parte.

A sede xudicial está accesible no enlace https://sede.xustiza.gal e a través do portal xustiza.gal, que ofrece outros servizos complementarios como a axenda de sinalamentos de vistas, o calendario de gardas, a calculadora de taxas xudiciais ou o censo de letrados. O obxectivo é que a sede se consolide como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos do ámbito xudicial.

Temas: INTERNET
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta