A Coruña súmase a revitalización do Samaín coa edición dun libro

'O noso Samaín', unha coedición entre o Concello da Coruña e a Editorial Galaxia, ten como obxectivo dar a coñecer esta festividade entre o público infantil. Na Coruña haberá unha procesión de ánimas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/10/2016 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

O noso Samaín presentouse esta mañá no Concello da Coruña. No acto participaron o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, o editor do libro, Francisco Castro, e a súa autora Loretta Birott. No pazo de María Pita os tres salientaron a importancia desta obra para dar a coñecer esta festividade entre o público infantil. O libro é unha coedición entre o Concello da Coruña e a Editorial Galaxia.

Presentación do libro O Noso Samaín na Coruña
Presentación do libro O Noso Samaín na Coruña

O edil destacou o traballo do executivo coruñés "por recuperar esta tradición lúdica, festiva e propia", e que desde hoxe "se complementa cun texto necesario para poñer en valor, unha celebración histórica e digna de reivindicación". Neste sentido, o responsable municipal destacou o traballo realizado pola Concellería de Emprego e Economía Social, área que dirixe Alberto Lema, na promoción do Samaín, "e que estes días estaá a ofertar numerosa actividade complementaria na cidade", sinalou Sande.

Na presentación de O noso Samaín, na que tamén estiveron presentes a autora, Loretta Birott, e o responsable editorial, Francisco Castro, o edil sinalou que a obra "representa un xiro en canto ás políticas editoriais do Concello". 

Por outra banda, a celebración da festividade do Samaín terá continuidade desde a área de Emprego e Economía Social esta semana, coa celebración dunha Procesión da Santa Compaña, que sairá da Praza de Lugo ás 17.30 horas e rematará cunha festa na praza de María Pita. A esta marcha acudirán, con todos os seus disfraces, os nenos e nenas dos colexios que participaron na campaña de dinamización do comercio de proximidade co gallo desta tradición ao longo do mes de outubro, se ben dita actividade estará aberta a toda a cidadanía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta