É "digno" o salario dos deputados galegos?

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, defende o salario que perciben os parlamentarios por facer unha representación digna".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/10/2016 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, defendeu o salario "digno" que perciben os deputados da Cámara autonómica por realizar un traballo "digno". "Non é só o que se fai no Parlamento", defendeu, para logo engadir que os parlamentarios teñen que estar na sociedade e iso implica, ao seu xuízo, "unha serie de desprazamentos e custos" para facer, precisamente, unha "representación digna".

Miguel Santalices, presidente da Cámara galega
Miguel Santalices, presidente da Cámara galega | Fonte: EP

Esta afirmación de Santalices chega xusto despois de que se abrira un debate público sobre a utilización, por parte dos portavoces e líderes das formacións políticas, de chóferes para poder desprazarse. Un debate que iniciou o novo líder de En Marea, Luís Villares, que lle reclama a súa formación un chófer para poder desprazarse a actos políticos. Nin Feijóo, nin o propio Santalices quixeron pronunciarse sobre esta cuestión. Precisamente, o presidente da Cámara sinalou que espera que o respecto institucional "predomine" na actividade parlamentaria da Cámara galega.

Nunha entrevista en RNE recollida por Europa Press, Santalices tamén asegurou que o feito de que o PP ostente a maioría absoluta no Parlamento galego "non impide que haxa debates produtivos" ou que se chegue a "consensos".

Logo da súa reunión co presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, Santalices sinalou que este mostroulle as súas "ganas de traballar" como "se fose a súa primeira lexislatura", ademais de transmitirlle aspectos que lle preocupan: desemprego, sector primario e políticas sociais.

Así mesmo, indicou que, para el, esta nova lexislatura trátase dunha etapa "ilusionante" na que, "por encima de todo", "vai estar sempre Galicia". Trátase dunha nova etapa na que, segundo transmitiu Santalices, terá "a man tendida".

Sobre os orzamentos e o teito de gasto, relatou que hai que "estudar ben" o calendario de plenos, xa que o pleno do teito de gasto será un pleno extraordinario. Así mesmo, sinalou que será necesario habilitar "con toda seguridade" o mes de xaneiro para os orzamentos.

Por último, mostrouse a favor da "transparencia" no Parlamento, que debe ser coñecido por "toda a sociedade". Por iso, aposta por "camiñar na senda da participación cidadá".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 Mordomo de Billares

O dos deputados si o dos deputados vagos non é digno que cobren nin un euro o dos cantidatos que queren cobrar retroactivamente tampouco.

7 O Freire

Dubido que merezan salario a ampla maioria de deputados, total son como ovellas: votan e aplauden cando lles mandan, para iso unhas marionetas tamen valen. Por riba hai deputados indecentes, exemplo do seu vocabulario: "Patera asquerosa" de Juan Merlo, "cretinos" de Rubén Pérez (non deputado, este concelleiro mantido a soldo), "puta coja" de Pam, "pobo ignorante" de Fernán Vello... hai que limpar de indecentes!!!

6 Galego ante todo

Sea do que sea a noticia sempre hai un papa-natas que mete con calzador parvadas contra a o BNG isto é incríbel, se queredes unha Espanha grande dicilo abertamente, odiades o nacionalismo Galego pero nacionalistas seguiremos traballando por unha Galiza ceibe.

1 O Freire

Comeza pola casa propia: se queres separate do españolismo pidelle ao BNG que deixe de ser muleta do españolisimo Pso€, e comezaremos a crer na galeguidade e na esquerda. Ate daquela seguide servindo...

2 Galego ante todo

Totalmente dacordo, pero có pouco apoio que ten o nacionalismo galego a outra alternativa a ser muleta do PSOE e que goberne a dereita máis rancia de europa, creo que é evidente que o goberno bipartito foi todo o bo que puido ser tendo en conta que o BNG tiña unha porcentaxe de voto moi baixo a comparación do PSOe.

5 Sesese

Digno o salario e as plebendas dun político? Non. Digno, por exemplo, e o subsidido de desemprego que isos mesmos politicos regatean a os de desempregados.

4 Tiago

El pedazo cacique baltarista de Santalices de acuerdo con el sátrapa de Marea-Podemos. El diablo los cría y ellos se juntan.