É "digno" o salario dos deputados galegos?

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, defende o salario que perciben os parlamentarios por facer unha representación digna".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/10/2016 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, defendeu o salario "digno" que perciben os deputados da Cámara autonómica por realizar un traballo "digno". "Non é só o que se fai no Parlamento", defendeu, para logo engadir que os parlamentarios teñen que estar na sociedade e iso implica, ao seu xuízo, "unha serie de desprazamentos e custos" para facer, precisamente, unha "representación digna".

Miguel Santalices, presidente da Cámara galega
Miguel Santalices, presidente da Cámara galega | Fonte: EP

Esta afirmación de Santalices chega xusto despois de que se abrira un debate público sobre a utilización, por parte dos portavoces e líderes das formacións políticas, de chóferes para poder desprazarse. Un debate que iniciou o novo líder de En Marea, Luís Villares, que lle reclama a súa formación un chófer para poder desprazarse a actos políticos. Nin Feijóo, nin o propio Santalices quixeron pronunciarse sobre esta cuestión. Precisamente, o presidente da Cámara sinalou que espera que o respecto institucional "predomine" na actividade parlamentaria da Cámara galega.

Nunha entrevista en RNE recollida por Europa Press, Santalices tamén asegurou que o feito de que o PP ostente a maioría absoluta no Parlamento galego "non impide que haxa debates produtivos" ou que se chegue a "consensos".

Logo da súa reunión co presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, Santalices sinalou que este mostroulle as súas "ganas de traballar" como "se fose a súa primeira lexislatura", ademais de transmitirlle aspectos que lle preocupan: desemprego, sector primario e políticas sociais.

Así mesmo, indicou que, para el, esta nova lexislatura trátase dunha etapa "ilusionante" na que, "por encima de todo", "vai estar sempre Galicia". Trátase dunha nova etapa na que, segundo transmitiu Santalices, terá "a man tendida".

Sobre os orzamentos e o teito de gasto, relatou que hai que "estudar ben" o calendario de plenos, xa que o pleno do teito de gasto será un pleno extraordinario. Así mesmo, sinalou que será necesario habilitar "con toda seguridade" o mes de xaneiro para os orzamentos.

Por último, mostrouse a favor da "transparencia" no Parlamento, que debe ser coñecido por "toda a sociedade". Por iso, aposta por "camiñar na senda da participación cidadá".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

3 Gamela

Para INDIGNA a non actualización da web do Parlamento de Galicia // http://www.parlamentodegalicia.es/s... Segundo eles aínda temos grupo parlamentar Mixto / e tamén existe AGE ?

1 Freddy

Non sei onde miraches, pero eu creo que está actualizada http://www.parlamentodegalicia.es/s... http://www.parlamentodegalicia.es/s...

2 Bla bla Villares

Os dos deputados que non a rascan como PP PSOE AGE-Pablemos e demais e totalmente indigno.

1 DigoEu

Si, Blablá, os dignos son os patéticos upegallos que manexan como marionetas ou monicreques un BNG montado como careta deles e que non actuou como partido nacionalista nin de esquerdas ata que xurdiu a xa desaparecida AGE, que agora é a Marea Atlántica, onde está toda a esquerda e o nacionalismo de esquerdas de Galiza. O rol cumprido polo BNG-UPG desde hai moitos anos, case desde o principio da actual memocracia (si, con M) non é outro que o de garante da vitoria eterna do PP en Galicia. Polo seu sectarismo e a súa es tu pi dez.

2 Amigos para siempre

Rapaces, non vos mordades! Do BNG nada aguardamos: agora que o PsoEspañol quitou a careta xa non hai pacto, apoio ou negócio que resista cos sociosnaslistas. O BNG quedou sen sustento, xa non terá ocasión de seguir alimentando a tropa. Pouco esperamos igualmente das Mareas de Podemos, onte un Rufian deixounos en ridículo (pódese superar, e moito, a radicalidade e o postureo podemita), Pablo Iglesias abusa da "patria" (ou non, se cadra é patrioteiro, nese caso os que ides de nacionalistas galegos de ganchete co da complutense estades moi mareados) e da xestualidade, dos berros e da teatralización (igual que Beiras: o ideal para a oposición ou para que o Partido Podre siga no poder). Logo menos ladrar, que mordedes a todos menos ao amo!

1 DigoEu

Nada digno pode haber nun parlamento galego tan indignamente elixido por votantes que non saben o que é a dignidade. E iso sen contar con que o que cobran en todas partes os parlamentarios e gobernantes é escandalosamente indigno e antidemocrático.