Temas: COCHE

As familias galegas, das que máis gastan no seguro do coche

Destinan 660 euros de media, cen euros máis que o conxunto do Estado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/11/2016 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

O 76,8% das familias españolas teñen contratado un  seguro para os seus vehículos e destinan a estas pólizas, as máis frecuentes, unha media de 560 euros ao ano por fogar. Unha cifra que os galegos superan ampliamente, ao destinar cen euros máis, 660, a este fin.

Atasco polo tráfico de coches na autoestrada AP9 ao seu paso pola ponte de Rande
Atasco polo tráfico de coches na autoestrada AP9 ao seu paso pola ponte de Rande | Fonte: EP

Así se recolle no informe Evolución do gasto medio das familias españolas en seguros (2014-2015), elaborado a partir dos indicadores Habits Big Data da empresa AIS Group. Segundo estes datos, os galegos son os segundos que máis gastan, despois dos madrileños.

As familias madrileñas destinan máis diñeiro ao pago destas pólizas, cun gasto medio de 715 euros en 2015, aínda que esta cifra supón unha redución do gasto de 60 euros, un 8%,  respecto de 2014.  Tras os madrileños, están os galegos, e logo cántabros (625 euros) e asturianos (600 euros) os que realizan un  gasto medio máis elevados, cun incremento, en todos os casos , de entre 10 e 20 euros respecto de 2014.

Pola súa banda,  as familias que menor orzamento destinaron de media a pagar o seu seguro de automóbil en 2015 foron as canarias, 450 euros, algo máis de 100 euros por baixo da media española. Tamén as estremeñas, que viron reducido o seu gasto medio nun 8,2% e as aragonesas, onde o gasto medio no período analizado reduciuse nun 8,3%.

Temas: COCHE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta