O Consello da Cultura Galega ingresa na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa

Farao en calidade de Observador Consultivo. A decisión foi tomada este 1 de novembro durante a XI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno da entidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/11/2016 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega foi admitido esta mañá do 1 de novembro na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa (CPLP), durante a XI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno da entidade, en calidade de Observador Consultivo. Culmina así un dilatado proceso de tramitación iniciado en 2010 para “facer máis visible a lingua e cultura galegas no exterior”, en palabras de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. O CCG é a primeira institución galega en formar parte da CPLP

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega | Fonte: CdC

O estatus de Observador Consultivo supón que Galicia poderá estar presente nas xuntanzas temáticas da CPLP, trocar información dentro desa rede de Estados e entidades internacionais e servir de ligazón permanente entre a CPLP e a cultura e lingua galegas. O beneficio para o país, segundo Villares, é “facer visible que Galicia é a fonte da que nace a lingua portuguesa e é un xeito de ser recoñecidos polo mundo lusófono”

O Consello da Cultura Galega foi a primeira institución galega en solicitar a inclusión na CPLP, xa en 2010. A iniciativa foi potenciada coa aprobación por unanimidade no Parlamento Galego, en 2014, da Lei Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, en cuxo artigo número 3 sinálase que “se fomentará a participación das institucións en foros lusófonos de todo tipo”. 

A Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa é un “foro multilateral orientado á cooperación entre os seus membros”, e foi creado en 1996. Nel participan todos os Estados que teñen a lingua portuguesa como oficial e moitas outras entidades vinculadas ao ámbito da lusofonía e intereses estratéxicos, económicos, sociais ou culturais compartidos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

2 Bufffff

Qué vergonza, rebaixados a portuxeses.

1 Soldecarallo

¿Rebaixar? Defina vostede ese termo. Non sabía eu que ser portugués fora unha rebaixa.

1 Españolistas dades noxo

Admitir na CPLP unha entidade que basea a súa existencia en insistir que o galego e o portugués non teñen nada a ver. Sería un bo chiste se non fose tan triste.