Búscanse xornalistas en paro para impartir xornadas didácticas

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social 'la Caixa' convocan a segunda edición da iniciativa Xornalismo na Escola, na que profesionais en paro impartirán xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos de 3º e 4º da ESO. Nesta ocasión, aumentan as prazas e seleccionaranse nove xornalistas parados para impartir os talleres.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/11/2016 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

As xornadas impartiranse un total de 90 obradoiros para escolares de 3º e 4º da E.S.O, distribuidos entre I.E.S de toda a comunidade. Para impartir os talleres, convócanse nove prazas ás que poderán concorrer calquera colexiado ou colexiada do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que acredite atoparse en paro, tendo preferencia aqueles que se encontren en situación de desemprego.

Paco González Sarria, novo decano do CPXG xunto ao saínte, Xosé Manuel Pereiro e o secretario, Darío Janeiro
Paco González Sarria, novo decano do CPXG xunto ao saínte, Xosé Manuel Pereiro e o secretario, Darío Janeiro | Fonte: CPXG

As persoas interesadas en impartir as xornadas deben enviar antes das 19:30 horas do 30 de novembro a documentación e un breve curriculum por correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal ou por vía postal ou en persoa a: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, San Pedro de Mezonzo, 36, 1º, 15701 Santiago de Compostela.

Máis de sesenta talleres na primeira edición

Segundo destaca o Colexio, a primeira edición de ‘Xornalismo na Escola’ levou con grande éxito nos meses de marzo, abril e maio do 2016 máis de sesenta talleres de comunicación a case corenta puntos da xeografía galega. Lugares como Arteixo, Arzúa, O Barco, Barro, Cambre, Monforte, Muros, Negreira, Sada ou Salvaterra foron algunhas das localidades ata onde chegaron os obradoiros.

Este proxecto é posible a un convenio de colaboración coa Obra Social 'la Caixa', quen leva realizando dende fai anos este mesmo proxecto en Cataluña, Madrid e Sevilla.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta