De novo Rajoy presidente

Pois nada que o criterio electoral, ou sexa o dos votos, impúxose deixando tirado o criterio ético que debía reinar na política. A maioría electoral dunha parte, que non a parlamentaria, volveu darlle a investidura a Rajoy. Sí, ise señor amoucado que sen facer ren, ve como os seus contrincantes van caíndo como se foran as follas mortas no outono.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 07/11/2016

Comparte esta noticia

Case un ano de espera, dúas eleccións e moitas idas e voltas non foi o tempo necesario para  conformar unha maioría parlamentaria que obrigara ós populares a purgar os seus pecados na oposición,  que son moitos.  E ise señor de profesión rexistrador da propiedade de Pontevedra volve a dicir que non vai tocar nada do que fixo o seu partido. Ou sexa: non vai tocar a reforma laboral que tanto da lle fixo  precarizando o emprego; non vai tocar a lei mordaza, e polo que se ve posiblemente a lei de educación.

E ate parece  que o pode acadar, pois cunha parte da oposición desfeita, e con outra que previsiblemente vai optar pola vía da mobilización na rúa, Mariano seguirá campando as súas anchas.

Pero ó marxe do que aconteza e da duración da lexislatura, co paso dado na investidura, a política acada un grao máis de degradación. Pois  a ética, esa especie de norma non escrita que no resto de Europa funciona, nesta España de pandeireta, non ten cabida. Non está en vigor nin se lle espera por moito tempo. Eiquí mandan exclusivamente os resultados electorais, e istes son os que son. Que si rouban, que si estafan, que si  prevarican ou que si delinquen, iso solucionase nos tribunais, pero falar de responsabilidades políticas nada de nada. Todo o que aconteceu quedou perdoado despois das eleccións. Entendo e comparto que a vontade popular expresada nas s está por riba de todo. Pero iso non debe implicar que as responsabilidades políticas non existan, sobor de todo cando se é presidente da formación implicada no asunto.

Con todo o dito, hai que mirar para adiante. E asumir que somos o que somos e temos os defectos que temos. Pero logo non nos laiemos.  Logo non queiramos pasar por pulcros e certamente persoas sen tacha. Pois na escala se valores deste país, a ética, para un sector social moi importante, non parece existir.

En fin, que ninguén  espere milagres  nin grandes solucións ós problemas que temos neste novo mandato. Sentiríame feliz si me trabucara e houbera diálogo e negociacións para afrontar o problema catalán e outros xa mencionados, pero témome que imos camiño de ter máis do mesmo, e poucas cousas positivas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com