A rebelión contra as elites

A decisión plebiscitaria británica de botarse fóra da Unión Europea (“brexit”) veu motivada, en grande parte, por unha propaganda mentireira que prometía un substancial incremento do investimento sanitario se os británicos deixaban de contribuir á Unión. Mais a decisión amosou outras facianas. Na ampla maioría a prol do brexit de tantos condados ingleses e galeses non só hai desinformación e medo. Hai un voto de rebeldía fronte esa minoría que fixa a axenda. Hai un voto contra esa Europa que adhiren as elites da City, mais tamèn os universitarios.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 06/11/2016

Comparte esta noticia

O voto polo brexit foi nomeadamente alto nas cidades e áreas onde existe menos mobilidade social e onde a industria sofriu as peores labazadas das crises. Velaí que nese medo ao inmigrante converxan dereitas e esquerdas. Sectores tradicionalmente tories  con antigos votantes do Labour Party.Uns priorizan a soberanía británica e outros  porlle chatas á libre circulación de traballadores, porque sinten que son eles, os traballadores industriais e parados de longa duración os que máis perden, os que máis perderon coa apertura aos traballadores europeos. O exemplo do fontaneiro polaco (polish plumber), que traballa máis por menos é paradigmàtico.

O que está a pasar nos USA, cun exótico e radical Donald Trump en tècnico empate coa Hillary Clinton, é algo bastante semellante. Non só apoian ao de New York os brancos conservadores. Tamèn unha inmensa maioría dos traballadores industriais, os blue collar, tradicional celeiro dos demócratas. Estes blue collar  converten o voto a Trump, canda o voto a prol do brexit, en transversal a esquerdas e dereitas, a traballadores e clases medias.

Falta un  discurso  nas opcións de centro-esquerda a respecto destes sectores sociais que haberían votarlles. Porque a apertura á inmigración é unha esixencia ética e humanitaria, unha aposta polo futuro e unha decisiòn económicamente intelixente. Mais non son as elites, nin sequera determinados sectores de formación universitaria, os que teñen que desputar postos de traballo cada vez menos remunerados cos inmigrantes.

Velaí que a desconfianza a respecto das elites vaia medrar nos próximos anos en amplos sectores das crases medias e traballadoras. Como tamén medrarán electoralmente as solucións simplistas e os discursos autoritarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.