Entrevista co galego que loitou contra o Estado Islámico

“Arges Artiaga” é un nome de guerra. Detrás del está un traballador galego que loitou coa YPG, as Milicias de Proteción Popular, o grupo kurdo de ideoloxía de esquerda que detivo o avance do autodenominado Estado Islámico no Norte de Siria. As YPG son o principal compoñente das SDF, a coaliciónd e kurdos e algúns árabes que liberou Kobane e acaba de anunciar unha ofensiva para tomar Raqqa, a capital de facto do califato.

Por Galicia Confidencial | Castro Urdiales | 07/11/2016 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A popular canle de noticias por internet Vice entrevistouno este ano. Nesta conversa o ex-combatente -con formación militar en España e Francia- relata as motivacións de persoas como el, occidentais que, malia a oposición dos seus gobernos, acoden en defensa dos seculares kurdos.

Arges Artiga, é o nome ficticio do miliciano galego que loitou en Siria contra o Daehs a carón da YPG
Arges Artiga, é o nome ficticio do miliciano galego que loitou en Siria contra o Daehs a carón da YPG

Ao seu retorno a España, a Xustiza abriu unha causa contra el polo asasinato de 28 combatentes inimigos. O preito acaba ser arquivado, pero é unha clara mostra da política dos estados de occidente, contrarios a que os seus civís participen na loita que, por outra lado, apoian mediante as súas forzas aéreas militares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta