GC Aberto

"Calcúlase que en España as sectas contan con algo máis de 400.000 membros"

Esto afirmaba Luis Santamaría, experto en sectas e satanismo, nun encontro que mantivo con universitarios en Santiago de Compostela

Por CMEstila | GC ABERTO | 08/11/2016

Comparte esta noticia

Na súa intervención no Colexio Maior La Estila, Luís Santamaría afirmaba que “as sectas están á beira de casa, entre os nosos veciños, nas nosas familias, connosco”. “Trátase dun fenómeno real que non afecta a unha gran cantidade de persoas, pero si con moita intensidade”. Os estudos falan dun un por cento da poboación en países como España, o que supoñería falar duns 350 grupos sectarios cuns 400.000 adeptos. As sectas clasifícanse de forma sinxela en sectas de sinal cristián, sectas de orixe oriental, grupos neopaganos, grupos esotéricos, etc. A isto habería que engadir, continuaba afirmando o relator o mundo do satanismo, os cultos sincretistas afroamericanos e as sectas de matriz islámica, o que fai que ese número aumente considerablemente. “É un fenómeno que está aí. Os números non deben asustarnos, pero hai que ser realistas e non pechar os ollos ante algo que está e actúa, moi preto de nós”.

Feliciano Miguel Rosendo da Silva, encarcelado como líder da secta da secta dos miguelianos
Feliciano Miguel Rosendo da Silva, encarcelado como líder da secta da secta dos miguelianos

Luís Santamaría é sacerdote da Diocese de Zamora, onde é párroco de nove pobos e delegado diocesano de Medios de Comunicación Social. Leva moitos anos investigando a nova relixiosidade e é membro da Rede Iberoamericana de Estudo das Seitas (RIES), é autor de libros de referencia como: “Que ves na noite. Relixión e sectas no mundo actual”, (2011),  “Entre as scitas e o fin do mundo” (2013) e “Esoterismo, sectas, nova era. 50 preguntas e respostas” (2015)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta