Unha empresa galega, seleccionada para a final do concurso Somos Empresa

Profocus, estudo de fotografía nacido na Tecnópole de Ourense, traballa na imaxe de alta calidad para mellorar as vendas do comercio electrónico.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 09/11/2016 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

Profocus, nacida do programa de creación de empresas innovadoras de Tecnópole e situada no seu viveiro de emprendedores, foi seleccionada como unha das tres finalistas do certame Somos Empresa na categoría Futuro. Os premios, que serán entregados en novembro en Madrid, están organizados por Banco Popular, El País e Cadena Ser.

Nuria Sotelo Cofundadora & Responsable de Proyectos eCommerce de Profocus
Nuria Sotelo Cofundadora & Responsable de Proyectos eCommerce de Profocus

Nesta segunda edición, o certame rexistrou 382 candidaturas para as súas seis categorías. Os premios recoñecen a capacidade de inspirar, crear valor e xerar oportunidades das pequenas e medianas empresas, que, segundo os organizadores, son axentes fundamentais para xerar riqueza e prosperidade na sociedade. Tanto que, segundo o último informe da Subdirección Xeral de Apoio á Peme, representan o 99,9% das compañías que hai en España. E delas, o 95,8% deles teñen entre 0 e 9 empregados.

A categoría Somos innovadores levouse o 50% das candidaturas, á de Somos internacionais presentáronse 122, Somos conciliadores tivo 34, Somos sustentables, 71, Somos futuro contou con 26 e Somos inspiradores pechou o prazo con 94. Todos cumprían os mesmos requisitos: ter menos de 250 traballadores e un volume de negocio anual inferior a 50 millóns de euros, a súa sede social principal ten que estar en España e non pode estar participada de forma maioritaria por unha grande empresa.

Na edición de 2015, tivo premio o esforzo de empresas como Quinton, con 80 medidas de conciliación, ou Feyce, fabricante de mel que xa compite en Estados Unidos coa produción californiana. Este ano, Profocus chegou á final entre os 19 mellores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rafa

A información da noticia está incompleta, a empresa de Lugo AMSlab tamén é finalista na categoría de "Somos Conciliadores"