Alianzas mediáticas no BNG

As diferencias políticas dentro do BNG están adquirindo tintes alarmantes. Á importante falla de entendimento entre +BNG, UPG e Encontro Irmandiño, súmanse agora estratexas comunicativas diferentes...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/11/2009 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

None

A decisión que tomou Quintana foi criticada daquela e aínda hoxe. De feito, desde a UPG, nunca viron con bos ollos a política informativa de Xornal e, sobre todo, a súa política bilingüe. Con todo, os seus principais dirixentes decidiron colaborar nas súas páxinas. Sen embargo, nos últimos meses tivo lugar un distanciamento notable entre os principais líderes da UPG e a dirección do xornal que se reflicte na saída das páxinas de opinión de Francisco Rodríguez, Xosé Mexuto ou Xabier Pérez Iglesias e acusacións cruzadas de que este medio é un "altofalante de Quintana e das posicións de +BNG".

Neste situación, e ante o fracaso do proxecto de Gznación, un dixital impulsado durante o bipartito por Carrumeiro Media, a UPG buscou outras vías alternativas. E é aquí onde se cruzan os intereses deste partido e os de La Voz de Galicia, segundo denuncia a páxina renovarobng. Esta web critica que Guillerme Vázquez e Xosé Mexuto (responsable de comunicación do BNG) mantiveron hai uns días un encontro co editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey, para ofrecerlle un pacto de colaboración. Así, destas conversacións sairía o compromiso do BNG de apoiar a fusión das caixas, a cambio dun bo trato mediático a Guillerme Vázquez.

Existise ou non este pacto, o certo é que non é a primeira vez que desde +BNG, e mesmo desde o Encontro Irmandiño, se denuncian as connivencias entre La Voz e a UPG e que teñen chegado en forma de anónimos a esta redacción. Ao tempo, dende o partido maioritario do Bloque tampouco esquecen que Quintana e "os seus correlixionarios de +BNG" contan co apoio incondicional de Xornal ao que acusan de ser un voceiro da nova formación que dirixe Carlos Aymerich na súa intención de facerse co contro interno do Bloque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

18 eu

En Ferrol en Radio Voz están como tertulianos os Upegallos: Manolo Doval;XXPita, Margarida Leirachá, Pablo Villamar, Mercedes Tobio.

Paco Rodriguez foi unha vez pero montou tal cristo contra os ouvintes e contra os outros tertulianos que xa non o levaron máis

17 anónimo

Eu vin a un da UPG pola noite, e non sn persoas, son alienixenas que queren abducirnos. Eu contollo a todo o mundo pero ningén me fai caso. Dende prisa a humanidade esta en eprigo coa UPG.

16 Abertzale

Todo o que o sectario Comité Central non pare, para os carrumeiros non vale. Odian o Xornal de Galicia,a Galicola, os de Verdegaia, a Nova Escola Galega, o STEG, Prolingua, Galego Patrimonio da Humanidade, Galeguizar Galicia, Irimia, hoxe o SLG, Novas da Galiza, Os nossos Centros Sociais( Gentalha do Pichel,A Treu,Gomes Gaioso,A Revolta,O Aturuxo,etc)
Aman a Plataforma Queremos Galego(Decidida no Comité Central e presentada en sociedade`por 15 persoas,10 da UPG)que naceu abortada. Pero quérena,pois é un aborto seu.

15 anónimo

MORREU FRAGA

14 anónimo

ESI HOME