Temas: DOLMEN

Marcas de Harry Potter ou declaracións de amor danan monumentos milenarios

Dolmenes, petróglifos, castros, esculturas ou fachadas de edificios históricos teñen sufrido actos vandálicos importantes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/11/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A aparición dun grafiti no dolmen de Casa dos Mouros, en Vigo, non é a única animalada que ten sufrido o noso patrimonio. As pintadas con simbolos de Harry Potter nun dos monumentos megalíticos máis grande de toda a provincia de Pontevedra, con máis de 4.000 anos de antigüidade, é a última mostra da pouca sensibilidade que algúns demostran contra os monumentos históricos do país.

Pintada con símbolos de Harry Potter nun dolmen de Vigo
Pintada con símbolos de Harry Potter nun dolmen de Vigo | Fonte: Atlas

E é que este tipo de actos vandálicos suceden de cando en vez en todo tipo de bens; dolmenes, petróglifos, castros, esculturas ou fachadas de edificios históricos. E iso que o autor ou autores poden enfrontarse a multas de ate 150.000 euros… Máis en Historia de Galicia.

Temas: DOLMEN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 brincando

Las piedras se borran. Lo que no se borra es la frustración en la capacidadad artística del hombre.