Temas: PUBLICIDADE

A Xunta dálle aos grandes medios 160.000 euros para promocionar os produtos galegos no Nadal

Tamén destinará a mesma cantidade para promocionar o Día da Violencia de Xénero, o 25 de novembro, e o 3 de decembro, día das persoas con discapacidade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/11/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Queda pouco xa para o Nadal. Unha data na que se disparan os gastos e tamén o consumo. Por iso, a Xunta, aproveitando estas datas, tamén quere impulsar o consumo de produtos galegos e, de paso, axudar tamén ás contas dos grandes medios de comunicación do país.

Comida galega para o Nadal
Comida galega para o Nadal | Fonte: produtosgalegos.com

Por iso, destinará case 160.000 euros (IVE incluído) para que os medios tradicionais promocionen as vondades dos produtos galegos. Esta nova contratación forma parte do Acordo Marco dos servizos de elaboración, produción e plan de medios de campañas institucionais da Xunta de Galicia en datas relevantes para a Comunidade Autónoma durante o período 2015-2016.

Este acordo, de 1,75 millóns de euros, ten por finalidade a elaboración e execución de campañas de publicidade e de comunicación nos anos 2015 e 2016 coa elaboración dun plan de medios, que inclúa as distintas campañas, e a elaboración, produción e execución desas campañas. Este convenio marco tamén recolle que, “tendo en conta o período de duración do contrato e despendendo das necesidades de difusión e comunicación, está prevista a realización de distintas campañas de publicidade e comunicación”.

Ademais, e suxeito tamén a esta planificación, a Secretaría Xeral de Medios tamén repartirá nos vindeiros días outros 160.000 euros para promocionar datas sinaladas. Así, destinou 80.000 euros para promocionar O 25 de novembro, Día da Violencia de Xénero e outros 80.000 euros para informar o vindeiro 3 de decembro do día das persoas con discapacidade. Hai uns días, tamén aprobaba outro paquete de axudas para promocionar, pola mesma cantidade, o día internacional dos animais que tivo lugar a comezos de outubro.

Diversas campañas

A través deste acordo marco publicitaranse “campañas principais” --17 de maio, Día das Letras Galegas e 25 de xullo, Día de Galicia-- e outras campañas “menores sobre datas sinaladas e de alcance institucional a definir pola administración”, que é no que se incluiría o concurso que a Secretaría Xeral de Medios acaba de licitar estes días.

Este departamento tamén precisa no prego de condicións que estas campañas “teñen carácter estimativo e non vinculante” e, polo tanto, non existe a obriga de contratación dun número determinado de campañas, nin está establecido o importe de cada unha delas.

Dez millóns

En total dende principios de ano, o Goberno Galego leva repartido, segundo o cómputo de GC –e sen ter en conta convenios privados ou non publicados--, máis de dez millóns de euros en accións de propaganda en determinados medios de comunicación. Un diñeiro que se reparte, principalmente, entre os grandes medios galegos.

Curiosamente, a última gran repartición de diñeiro público tivo lugar a un mes escaso das eleccións galegas, cando a Xunta destinou 550.000 euros en sendas campañas da Amtega e de Turismo de Galicia. Sen embargo, a Xunta seguiu repartindo cartos aos medios cun goberno en funcións, logo dos comicios. En total, máis dun millón de euros. O último reparto, 341.000 euros para animar a ter fillos.

Temas: PUBLICIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Failde

O BNG e as Mareas de Podemos que non protesten, senón perden os convites para as celebracións de La Voz de su Amo. E a Ana Pontón e ao Villares adoran http://www.lavozdegalicia.es/video/...

1 John McNamara

Que vaian a estes eventos é o de menos, o que lles pediría é que cando cheguen ao poder lles quiten grande parte da subvención, iso é o realmente importante.

2 Balbino Fernández

Os teus (o BNG) xa estiveron no poder no bipartito (e nada de transparencia nin de lei que regule as axudas aos médios con critérios públicos), e onde están sós como Pontevedra tamén alimentan a prensa sistémica. Dos mareados non aguardamos menos: véndennos igual de barato!

2 Sesese

Vaia despilfarro. Igual si sairan do seu peto o pensaban millor

1 ph3f

Os mesmos medios que publican noticias amables como que a pobreza en Galicia aumenta o doble...que ben funciona o carrexo.