GC Aberto

Xornadas sobre auga e cooperación en Ourense

“Auga e cooperación ao desenvolvemento: que facer dende a universidade”, terá lugar en Ourense o vindeiro 1 de decembro.

Por Aixa | Ourense | 17/11/2016

Comparte esta noticia

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible aprobados polas Asemblea das Nacións Unidas en 2015 danlle á auga a importancia que merece como elemento imprescindible para a vida e benestar dos seres humanos. Deste xeito a obxectivo 6 fixouse como “Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible e o saneamento para todos e todas”.

Hoxe en día a escaseza de auga afecta a mais do 40% da poboación mundial, 2.400 millóns de persoas carecen a acceso a servizos básicos de saneamento e mais do 80% das augas residuais resultantes das actividades humanas vértense aos ríos ou ao mar sen que se eliminen previamente os contaminantes que portan. Case 1.000 nenos e nenas morren cada día por enfermidades relacionadas co consumo de augas en mal estado.

A universidade, como institución dedicada á investigación e ao desenvolvemento ten un papel importante que xogar, aportando, tanto á nosa sociedade como as sociedades menos desenvoltas, solucións aos problemas, locais e globais aos que nos enfrontamos. Non é unha obriga legal, é unha obriga ética e social que forma parte do propio ser universitario.

O Campus da Auga nace coa vocación de ser motor de investigación multidisciplinar e transferencia de coñecemento no ámbito da auga. O Campus da Auga nace tamén cunha vocación de internacionalización e de solidariedade a través da investigación aplicada aos problemas do desenvolvemento.

A xornada que presentamos quere ser un primeiro paso para dar a coñecer entre a comunidade universitaria (profesorado, investigadores, alumnado e persoal de administración e servizos), e tamén  á sociedade en xeral, o papel que o Campus da Auga pode e quere xogar neste ámbito. Nesta xornada escoitaremos as experiencias que se teñen desenvolto noutros lugares, cales son as liñas de investigación mais importantes e necesarias e coñeceremos experiencias que xa se teñen desenvolto no noso campus.

Programa

10:00.- Presentación da xornada a cargo do Vicerreitor do Campus de Ourense, Dr. Virxilio Rodríguez Vázquez

10:15.- Universidade e cooperación ao desenvolvemento, a investigación ao servizo dos pobos. A cargo de Emilio M. Martínez, coordinador na Universidade de Vigo da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento.

10:45.- A auga como eixe do desenvolvemento. Liñas básicas de actuación. A cargo de Francisco González, xeólogo, asesor estratéxico do Fondo de Cooperación para a Auga e Saneamento, Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, AECID.

12:00.- Descanso

12:30.- Investigación e formación para a cooperación ao desenvolvemento no ámbito da auga e saneamento. A experiencia da Universidad de Alcalá. A cargo de Luis F. Rebollo Ferreiro, profesor emérito da Universidad de Alcalá, membro do grupo de investigación COOPUAH (centrado na investigación multidisciplinar para o desenvolvemento humano nos países menos avanzados).

13:15.- Campus da Auga: liñas de investigación no ámbito da cooperación ao desenvolvemento: aportacións dende o Dereito Internacional Público. A cargo de Laura Movilla Pateiro, Profesora Axudante Doutora da área de Dereito Internacional Público da Universidade de Vigo, Campus da Auga e grupo de investigación MEDEA Iuris do Campus de Ourense.

14:00.- Peche da xornada.  

A inscrición na xornada é gratuíta.

Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico a vicou@uvigo.es indicando:

Nome e apelidos e DNI: 

Teléfono:

Ocupación (PAS, PDI, estudantes, outros):

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Secto

Oh my god! Quen irá a estas xornadas? Hai que ser ben pedante para ir. Bueno. Na esquerda conhezo moitos pedantes. Daría Xohán Cabana, da FPG (é que me troncho...), Fernán Vello, do Partido Instrumental (é que me troncho...), Xosé Manuel Beiras, o elexido dos deuses espanhois (é que me troncho...). A verdade é que sí. Suponho que irá tamén alguén do Partido da Terra. E outros colcetivos de xente pedante ata dicer basta. Así está o país. Prefiren votar ao PP, que aos pedantes, que falan moito e escriben moito, e logo son máis covardes e traidores ca ninguén.

1 Gamela

Cicais sería bo tratar o negocio oculto tras a construcción e mal mantemento das depuradoras do país... Vigo, Cangas, Baiona, Redondela, e tantas e tantas máis que nunca saen na prensa e que verten augan contaminada mentras a Xunta cobra un canon por depurar cada m3 nos recibos de tódolos usuarios (amén das compañías privadas en mans de FCC a meirande parte) // Nas xornadas podíades ensinar este microvídeo para ILUSTRAR o negocio ? https://flic.kr/p/N12jZi

1 Sergio

O mellor no caso que se ve no microvideo é chamar ao 112 no momento que se vexa porque así vai alguénn á zona a inspeccionar a EDAR