Temas: METEOROLOXíA

Un temporal porá en alerta case toda Galicia

As altas temperaturas destes días darán paso a un forte temporal de vento que provocará importantes ondas na costa.

Por Galicia Confidencial | MADRID | 17/11/2016 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

Os ceos estarán este xoves, 17 de novembro, practicamente despexados nunha xornada na que as máximas roldarán os 20ºC, mentres que A Coruña estará en alerta amarela (risco) por ondas, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). 

Alertas de Meteogalicia para
Alertas de Meteogalicia para

A axencia estatal puxo en alerta amarela toda a costa da Coruña para este xoves, debido ao vento e as ondas no litoral herculino.

O venres haberá que ter máis coidado co tempo, sobre todo na costa. A situación dunha borrasca ó norte das Illas Británicas envía a Galicia ondas de mar de fondo que superarán os 5 metros. Así, haberá alerta amarela nas Rías Baixas por mor das ondas. No resto da costa do país o nivel da alerta será laranxa. As alertas prolongarase durante todo o venres.

A situación empeorará aínda máis o sábado. Ese día case todo o interior do país estará en alerta amarela por mor do vento. As alertas comezarán a primeira hora da mañá nas zonas máis próximas a costa. Nas comarcas do interior, a alerta chegará máis tarde. Por exemplo, en Ourense comezará cara as 13 horas do sábado.

O sábado na costa continuará as mesmas alertas co venres, amarela nas Rías Baixas con períodos de laranxa no resto. As ondas chegarán aos seis metros e os ventos a forza 8, superando os 70 quilómetros hora.

Alertas de Meteogalicia para este venres
Alertas de Meteogalicia para este venres

Temas: METEOROLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta