Acusan a Segur Ibérica da Coruña de non pagar a 50 empregados e de “mutismo” ante o ERE

Os traballadores péchanse na sede da empresa en Oleiros, onde denuncian o non pagamento de salarios e o silencio da dirección tras o anuncio de que acometerá un expediente de regulación de emprego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2016 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

Traballadores de Segur Ibérica da provincia da Coruña concentráronse este xoves ante a sede da empresa en Oleiros, onde denunciaron o non pagamento de salarios a máis de 50 empregados e o "mutismo" da dirección tras o anuncio de que acometerá un expediente de regulación de emprego (ERE). Tras a protesta, membros do comité de empresa de responsables de CC.OO., USO e CIG empezaron un peche na delegación da empresa,.

Protesta de traballadores de Segur Ibérica en Oleiros
Protesta de traballadores de Segur Ibérica en Oleiros | Fonte: Europa Press.

Segundo informou o presidente do comité, Juan Meizoso, o encerro prolongarase "o tempo que faga falta", ata que reciban información concreta sobre as intencións do grupo -que anunciou hai días que acometería un ERE- e ata que paguen aos 50 compañeiros aos que, aseguran, non se lles ingresou a nómina do último mes. En total, son 10 persoas as que compoñen o comité e están reunidas co delegado territorial de Segur Ibérica. Anuncian que quedarán nestas instalacións "de forma indefinida".

"Din que non hai diñeiro, pero o hai", criticou Meizoso, quen tamén se refire a que se especula con que o grupo vaia a concurso de acredores.

Meizoso, do sindicato USO, criticou que a compañía "non di nada" e o temor entre o equipo é que os non pagamentos vaian a peor.

Ata o 25 deste mes non se constituirá a mesa de negociación do ERE, momento no que Meizoso espera que os representantes dos traballadores reciban datos que acheguen certeza sobre o seu futuro.

Segundo apuntou, o que transcendeu ao equipo é que o grupo está "á espera dun investidor", ante unha situación económica delicada.

Así as cousas, os empregados de Segur Ibérica nesta provincia deron por iniciado un calendario de accións que probablemente prosiga cun encerro nas instalacións de Oleiros.

Demandan información e vías de solución por parte da empresa, e entenden que o nivel de actividade en Galicia non xustifica que haxa que realizar un axuste.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eanes

Neste sector nunca houbo a máis mínima reivindicación; todo estaba nas mans de delegados sindicais que pouco máis facían que recoller queixas e repartir cuadrantes. Os poucos traballadores con vontade de manter a dignidade no posto de traballo víanse anulados polos elementos que compoñían a maioría: conformistas e medoñentos (entre eles. os que se sentían case membros das forzas de seguridade do estado). O tempo foi demostrando a qué leva esa deixadez: traballo sen convenio, mobilidade individualizadora, merma de salarios e das horas extras...; en definitiva, precariedade.