Temas: VIñO

A vendima péchase en Galicia coa terceira colleita “máis abundante” dos últimos dez anos

Os quilos totais recollidos ascenden a case 60 millóns. A D.O. Rías Baixas supón un 56 por cento do total.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2016 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural presentou no Consello da Xunta un informe sobre os resultados da vendima deste 2016, que ratifica que os quilos totais recollidos ascenden a case 60 millóns, o que supón a terceira colleita "máis abundante" dos últimos dez anos.

Viñedos na Ribeira Sacra
Viñedos na Ribeira Sacra | Fonte: Guido Álvarez

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, valorou os resultados, xa que, malia as condicións adversas marcadas polos ataques do fungo mildiu e polo pedrisco que afectou a zonas de Valdeorras e a Ribeira Sacra.

En concreto, malia as previsións que apuntaban a un descenso do 20 por cento na cantidade de uva vendimada, a campaña pechouse cunha diminución de solo o 6 por cento fronte ao pasado ano.

Do total obtido, o 84 por cento da uva pertence a variedades brancas e o 16 por cento a uvas tintas: a uva Albariño supón máis dun 65 por cento do total de uva branca, a Treixadura case un 12 por cento e a Godello, en torno a un 11 por cento. De entre as uvas tintas, a Mencía supón máis do 79 por cento do total.

Tras a avaliación dos datos por denominacións de orixe, o titular do Goberno galego subliñou que a D.O. Rías Baixas supón un 56 por cento do total recollido en Galicia, obtendo un 5 por cento máis que a campaña anterior e consolidándose como a denominación que máis quilos de uva recolleu.

Temas: VIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta