Temas: CHINA

A Torre de Hércules e a Praia das Catedrais, nas televisións de media Asia

Xa se pode ver escenarios galegos en Lenda do Mar Azul, un drama romántico de 20 episodios que adapta un relato clásico sobre unha serea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/11/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Torre de Hércules, a Praza de María Pita, o Monte de San Pedro ou a Praia das Catedrais son algúns dos escenarios de Lenda do Mar Azul, unha das series máis importantes e máis vistas en China e Corea e que comezou as súas emisións o pasado 16 de novembro.

Unha das imaxes da serie  asiática Lenda do Mar Azul
Unha das imaxes da serie asiática Lenda do Mar Azul

De feito, diversas escenas gravadas na Coruña e en Ribadeo protagonizan algúns dos mellores minutos do segundo episodio, tal e como se pode ver neste vídeo a partir do minuto 47.10.

De feito, foi o pasado setembro cando os actores Jun Ji Hyun e Le Min Ho, os protagonistas da serie, e moi coñecidos en Asia, estiveron en terras galegas xunto cun equipo de 150 persoas. Lenda do Mar Azul é un drama romántico de 20 episodios dirixido por Jin Hyuk que adapta un relato clásico sobre unha serea devolta ao mar por un aristócrata.

Temas: CHINA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 nacionata

Galiza e bonita pola paisaxe pero nefasta pola paisanaxe ... (muito expañolento... )