Alumnos arxentinos premian a Henrique Monteagudo

Os alumnos e alumnas do Instituto Arxentino Apostol Santiago, o centro que escolariza en Bos Aires, con programa educativo galego, máis de medio millar de nenos e rapaces, dende a educación infantil ao preuniversitario, concedeu o seu premio Rosa dos Ventos a Henrique Monteagudo.

Por GC Tendencias | Bos Aires | 20/11/2016 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Este galardón distingué a unha persoa ou institución que se teña salientado a prol da cultura galega nas súas relacións coas colectividades emigrantes e, máis concretamente, coa realidade bonaerense.

Henrique Monteagudo
Henrique Monteagudo

Oprofesor e académico Henrique Monteagudo, é codirector, xunto con Víctor F. Freixanes, da revista Grial. X Naceu en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, estudou sociolingüística e é profesor na USC desde 1982 e membro numerario da Real Academia Galega.

Nunha carta oficial que o alumnado enviou ao premiado argumentase, entre outras razóns, a atención constante que Henrique Monteagudo vén dedicando ás varias Galicias de alén mar, non só a Galicia arxentina, e a alta estima que no centro docente se ten pola súa obra, tanto no plano académico como no que atinxe á súa actividade como dinamizador cultural.

En anteriores edicións o Premio Rosa dos Ventos foi concedido a Víctor F. Freixanes, Luis González Tosar e Manuel Rivas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta