Segur Ibérica asegura que aboará esta semana as 50 nóminas que debe

Ata que se materialicen os pagamentos continúa o peche de CC.OO., CIG e USO e mantense o calendario de concentracións de UXT

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/11/2016 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

Segur Ibérica, cun total de 4.000 traballadores en toda España, uns 700 en Galicia, comunicou aos sindicatos da provincia da Coruña que aboará as nóminas que debe 50 empregados entre este luns e o martes. Mentres, e ata que se materialicen os pagamentos, continúa o peche que protagonizan membros de CC.OO., CIG e USO na sede de Oleiros, onde se reuniron con responsables da empresa.

Protesta de traballadores de Segur Ibérica en Oleiros
Protesta de traballadores de Segur Ibérica en Oleiros | Fonte: Europa Press.

Tamén UXT -que non está presente no encerro- mantén o calendario de concentracións que anunciou como medida de presión ata que os 50 compañeiros cobren. En concreto, esta organización ten convocada, á espera de novos acontecementos, unha concentración para este mércores 23 fronte á estación de tren da Coruña, de 17,00 a 18,00 horas.

As protestas, de non se produciren os pagamentos dos soldos, continuarían os seguintes mércores: o 30 fronte ao Gadis Hiper do Burgo, o 7 de decembro en Jealsa en Boiro, o 14 en Navantia en Ferrol e o 21 na sede de Rede Eléctrica na Coruña.

ERE

Por outra banda, o inicio da negociación do expediente de regulación de emprego (ERE) que anunciou a empresa aprazouse ata o próximo luns 28.

Ese día, en Madrid, a dirección da compañía, que prové de vixilantes a numerosos clientes, achegará aos sindicatos a documentación sobre o axuste previsto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta