Temas: PUBLICIDADE

Cúmprense dez anos do anuncio de Ratibrom

“Ratibrom mata o rato cabrón”, “con Ratibrom, nin rata nin rato”, son algúns dos lemas deste xa mítico anuncio televisivo da TVG.

Por Galicia Confidencial | Vilagarcía | 22/11/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Ratibrom mata o rato cabrón”, “Con Ratibrom, nin rata nin rato”, son frases xa da cultura popular galega grazas aos anuncios de Impex Europa, unha empresa galega con sede en Vilagarcía de Arousa, que é líder en raticidas en España e Portugal con Ratibrom, o seu produto máis recoñecido.

Ratibrom
Ratibrom

Cada ano, e xa van dez, esta empresa elixe un slogan para o seu clásico spot televisivo. Se o ano pasado foi “E deixa que coman....” o deste ano é “Que non me toquen a música”, onde se ve ao protagonista relaxado sobre a súa colleita de millo, sen medo aos roedores.

O spot foi gravado na parroquia de Morás, no concello coruñés de Arteixo, e está interpretado polo actor Alfonso Agra, que leva sendo a imaxe de Ratibrom desde o ano 2003, cando interpretaba a Silvino na serie da TVG Terra de Miranda.

Elena, a rata protagonista

E nesta última gravación a protagonista é a rata Elena, que non se quería separar do actor. Curiosamente, Alfonso Agra non soporta aos roedores, e menos ás ratas, o que provocou non poucas bromas entre o equipo de gravación.

O primeiro spot televisivo de Ratibrom gravouse no ano 1997, co actor “Tucho” Lagares como protagonista. Ao longo destas dez edicións tamén contou con outros intérpretes, como o actor e presentador Tacho González.

Temas: PUBLICIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta