“O Islam é a única relixión” na web do Bispado de Lugo

Anosavoz.com , a web oficial do Bispado de Lugo, está caída. Tirárona os propios administradores, despois de sufrir un ataque informático este domingo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 22/11/2016 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

A páxina eclesiástica apareceu con imaxes de musulmáns de Birmania vítimas do conflito nese país coa maioría de relixión Budista. O ataque era reivindicado na mesma web por un gruop denominado Tunisian Cyber Resistance Al Fallaga Team (Cíber Resistencia Tunecina Equipo Al Fallaga).

Captura de pantalla do hackeo que sufriu a web do Bispado de Lugo
Captura de pantalla do hackeo que sufriu a web do Bispado de Lugo

O voceiro do Bispado, José Manuel Castro, prometeu en Radio Lugo que a web quedará restablecida hoxe. A Igrexa asegura que os informáticos están traballando para solventar o ataque do que non deron máis detalles sobre o seu alcance. Aseguran, iso si, que non se produciron prexuízos económicos para o Bispado.

“Deste grupo non sei máis do que parece nesta pantalla de ‘hackeo’; sei que teñen páxina en Facebook e canle de vídeo en Youtube e nelas se presentan como un grupo non islamista, pero que tenta responder contra ataques contra musulmáns no mundo”, explicou Castro.

Os hackers afirmana no seu ataque que o “Islam é a única relixión” e pedían a fin da violencia contra os musulmáns en Birmania.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 reino suevo xa!!!

Xa vai vir de novo Almanzor co seu tambor... xa van levarse as campas de santiAGE de componendas, o descreimento de xunta e o gobernó califal de Marijuano (suprimiu a paga do nadal primeiro intento por musulmanizar a península) e non ven acaso os reises emeritanos e fillolexitimos indo un-ha e outra vez a arabias saudistas... non ven o que esta pasando... o único xeito de salvar a Galiza e proclamar a independencia ... sinon remataremos todos de xeonllos rezando cara a meca... Galiza cristia e non musulma!!!! abaixo co pepeiro!!!