Falece o exalcalde de Castro de Rei (Lugo) Arturo Pereiro aos 82 anos

O exalcalde de Castro de Rei (Lugo) Arturo Pereiro (Palas de Rei, 1934) faleceu na noite deste martes ao mércores aos 82 anos de idade, segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais.

LUGO | 23/11/2016 | Actualizada ás 12:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O exalcalde de Castro de Rei (Lugo) Arturo Pereiro (Palas de Rei, 1934) faleceu na noite deste martes ao mércores aos 82 anos de idade, segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais.

Rexedor dende 1988, cando accedeu a través dunha moción de censura, foi elixido sucesivamente no cargo durante entre 1991 e 2007 polo Partido Popular e tamén ocupou un escano na Deputación de Lugo.

En declaracións a Europa Press, o actual rexedor, Francisco Javier Beado, expresou o "pesar, tristura e sorpresa" polo falecemento de Pereiro que, se ben coñecían que estaba enfermo, "non pensaban que estivese tan grave". "Moita sorpresa e tristura", manifestou.

Beado destacou o legado que deixou o que foi rexedor durante 18 anos. "Marcou un proceso de transformación dende finais dos 80, impulsou notablemente a transformación do concello", resaltou.

Así, puxo en valor as dúas infraestruturas que "axudaron a transformar" o municipio: o parque empresarial de Castro Ribeiras de Lea e a concentración parceira no rural. Do primeiro fito, subliñou que permitiu fixar poboación, ao igual que o segundo, sumado a que converteu Castro de Rei en "un dos cinco primeiros concellos produtores" de Galicia, con "asentamento de grandes explotacións gandeiras".

Entre outros logros que subliñou de Arturo Pereiro, que chegou de Palas de Rei a Castro como electricista da sala de incubación dunha empresa suíza-española, Beado significou que logrou o instituto de secundaria para o municipio.

NECROLÓXICA E LOITO OFICIAL

O Concello de Castro de Rei publicará unha necrolóxica de recordo para Arturo Pereiro, quen foi tamén artífice, antes de ser alcalde, de que o matadoiro de aves que dá uns 300 traballos directos se instalase no municipio.

Ademais, tal e como confirmou o actual rexedor a Europa Press, o Concello ten intención de declarar este xoves día de loito oficial no municipio en homenaxe á que foi alcalde.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta