CIG convoca concentracións para esixir que a negociación do convenio de Faurecia aborde saúde laboral e produtividade

A CIG anunciou que, co apoio de CUT e CSIF, convocará todos os días da próxima semana concentracións nos cambios correspondentes, co obxectivo de esixir que nas negociacións do novo convenio de Faurecia-Asientos de Galicia se inclúan puntos referidos á saúde laboral e a produtividade dos traballadores.

VIGO | 23/11/2016 | Actualizada ás 18:37 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A CIG anunciou que, co apoio de CUT e CSIF, convocará todos os días da próxima semana concentracións nos cambios correspondentes, co obxectivo de esixir que nas negociacións do novo convenio de Faurecia-Asientos de Galicia se inclúan puntos referidos á saúde laboral e a produtividade dos traballadores.

Tal e como denunciou este mércores a CIG, a dirección da empresa, "en complicidade con UGT, CC.OO. e CGT, asinantes do preacordo", "está a premer" para conseguir que o texto definitivo do convenio se asine "canto antes e a calquera prezo".

Neste marco, o sindicato nacionalista criticou que este acordo "supón unha rebaixa salarial" e deixa "en segundo plano materias fundamentais como a saúde laboral e a produtividade", a pesar de que se trata dunha "empresa na que crecen os accidentes polos altos ritmos de traballo".

En relación a iso, dixo que as cifras de Faurecia "son unha 3 por cento maiores que a media do sector", que hai 42 traballadores dun total de 366 con limitacións recoñecidas, e que, dende 2014, "se"deixaron de investigar os accidentes e incidentes debido á externalización do servizo de prevención".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta