A foto de Quintana con Jacinto Rey ou o Audi de Touriño, determinantes na vitoria de Feijóo no 2009

Un estudo destaca que noticias e fotografías que publicaron certos medios de comunicación “tiveron influencia suficiente” como para fixar parte da axenda da campaña e influíron en determinados votantes. ABC levou ata en seis ocasións á portada, durante os 15 días de campaña, “algún tipo de representación simbólica” vinculada á idea do “malgasto do Goberno galego”.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 24/11/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Imaxes como as xeradas durante a campaña electoral do 2009 a través das novas relativas ao Audi A8 que empregaba o por aquel entón presidente, Emilio Pérez Touriño, aos gastos realizados polo bipartito na sede administrativa de San Caetano ou á fotografía do vicepresidente, Anxo Quintana, no barco do empresario Jacinto Rey resultaron determinantes na vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo.

Touriña monta nun Audi cando gobernaba a Xunta
Touriña monta nun Audi cando gobernaba a Xunta

Foron “noticias icona” sobre as que insistiron certos medios de comunicación, nomeadamente La Voz de Galicia e o ABC, e que segundo o investigador Javier Presas,  “tiveron a influencia suficiente como para fixar parte da axenda da campaña” e que perduraron no tempo, converténdose en “temas recorrentes da narración política galega”. 

“As noticias icona funcionan como recordos imperecedoiros, que seguen aparecendo nas páxinas dos xornais semanas, meses ou anos despois da súa primeira publicación, conferindo un poder permanente á representación simbólica do escándalo político”, sostén este investigador na súa tese de doutoramento, que analizou a influencia dos medios de comunicación e as consecuencias dos escándalos políticos nas campañas electorais. 

De feito, Presas centrouse nas eleccións autonómicas do ano 2009, nas que o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, logrou a súa primeira maioría absoluta, e estudou o papel xogado pola prensa á hora de “configurar imaxes de gran contido simbólico” vinculadas ao escándalo político. 

Na súa tese 'Corrupción y escándalo político en las campañas electorales. La noticia icono en las elecciones gallegas de 2009 y 2012', dirixida pola profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Mercedes Román, Presas analizou as novas publicadas polas principais cabeceiras autonómicas e polos dous xornais estatais que contaban entón con edición galega, El País e ABC, durante os 15 días de campaña. 

Anxo Quintana e o empresario Jacinto Rey no iate do segundo
Anxo Quintana e o empresario Jacinto Rey no iate do segundo

Feijóo e os maiores e a Feira do Libro da Habana

Fíxoo poñendo o foco no “poder dos escándalos” suscitados a raíz da aparición de cinco novas icona, entre as que tamén figuran o desprazamento dun grupo de maiores a un mitin de Quintana en Oia e os gastos realizados pola Consellería de Cultura na Feira do Libro da Habana. A súa relevancia, sinala, “pódese medir de maneira rigorosa en termos da súa frecuencia de aparición”, xa que en todos os días da campaña de 2009 atópanse referencias a estas noticias, "con picos que roldan o medio cento de mencións”.

“O estudo buscaba demostrar as posibilidades dos medios de comunicación de crear imaxes cargadas de gran contido simbólico, capaces de perdurar no tempo”, sinala o autor dunha investigación que non trataba de analizar a súa influencia no resultado electoral, “algo dificilmente cuantificable”, senón afondar nesa capacidade dos medios de “crear percepcións colectivas”.

“A través dos medios, o escándalo político e a súa representación simbólica fanse moito máis visibles, xerando unha serie de repercusións sociais para o implicado”, sinala Presas, que incide na importancia do marco interpretativo á hora de determinar o “poder simbólico” que obterán esas novas. De aí que destaque, nun comunicado do Duvi, que o “poder dos escándalos” suscitados a raíz de determinadas novas icona non vén motivado tanto polas fotografías e informacións publicadas, como polo “marco de crise económica no que se deron”, que contribuíu a que esta serie de novas se convertesen en “poderosas imaxes condensadas”, a través da súa vinculación “con conceptos máis amplos”, en noticias nas que figuraban con frecuencia “palabras como austeridade, luxo ou malgasto”. 

O caso do ABC

O centrouse no caso do ABC, que xunto con La Voz de Galicia, foron os impulsores durante esa campaña desas imaxes icona. No caso do xornal madrileño, Presas destaca que foi “ o principal catalizador das news icon” daquela campaña, levando mesmo á portada a foto de Quintana e Rey. Nese senso, Presas destaca que en 13 dos 15 días da campaña, en seis ocasións en portada, este xornal inclúe “algún tipo de representación simbólica” vinculada á idea do “malgasto do Goberno galego”. 

Pero, máis aló da súa presenza nesta cabeceira, estas noticias icona tiveron tamén “a capacidade de determinar a axenda” daquela campaña, de tal xeito que en 283 das 2424 noticias analizadas por Presas para a súa tese figuraban referencias ás cinco novas que centraron o seu estudo. Cuestións que mesmo tiveron a capacidade de permanecer vivas na seguinte campaña, como engade Presas, que na súa análise das novas publicadas nas xornadas previas ás elección de 2012, na que Nuñez Feijóo reeditou a súa maioría absoluta, atopou un total de 55 noticias vinculadas a esas cinco imaxes simbólicas xurdidas nos anteriores comicios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

6 Galego

Se nom somos capaces de apreciar a diferenza entre o goberno do PP e os Bipartito(con máis acertos que erros e tendo en conta que era unha relación dificil 25 psoe e 13 bng e foi só 4 anos) nom temos nada que facer e temos o que merecemos o Partido Podre para sempre.

1 balbino

Coincido plenamente, tanto como se o escribira eu. Nom sera envexa o que tanto se mira nos comentarios, se queredes digovolo con outro nick para que o creades, jajajaja.

5 Laura

Les faltó un diputado que se lo fastidió Beiras y los izquierdosos de Galicia Non Se Vende. Despues toda esta tropa metió el culo en casa. Ni idea teneis, lo del bipartito fue una traición de la propia izquierda.

1 Marga Piñeiro

Curioso, os argumentos da mafia pepeira coinciden cos dos domesticos do beneguai. Defenden os mesmos intereses ou hai raposos travestidos para despistar inocentes? En calquera caso: moi baixo caestes, miserables!

2 Serio

Que va Marga, moito máis sinxelo ca todo iso: a verdade é a verdade, dígaa quen a diga. Logo se os do pepé din que o lume queima has meter a man nas brasas? Non digas parvadas que non se sosteñen e mira os datos desas eleccións. Foi o BNG o que perdeu ese deputado q gañou o PP na Coruña. Punto. Perdeu eses votantes que se facían os dignos (para facer que tiñan personalidade, supoño). E non hai que chamar mafia, nin miserables, nin pintar un mundo para os cativos onde hai raposos e inocentes: só ideas e feitos.

3 Amigos para siempre

Os feitos foron que o BNG perdeu votos por decepcionar aos seus votantes. Sinxelo verdade? Lembras Reganoxo, Gayoso e Massó en Cangas, a Campa no Courel, os amigos do Dorribo, as minas na Terra Chá, Lence como modelo no grupo lácteo, Jacinto Rey (a bárbara liquidación d'A Nosa Terra, o caso Xornal), os eólicos (para determinados empresários e cooperativas da chaira investindo na serra onde os nativos non contan, con aval de capital risco), os que nos fomos investir fóra (pola incapacidade e falla de entendemento de ordenación território e médio rural), o banco de terras descafeinado (medo), os bailes cos vellos (uso das persoas polo Quin para fins propagandísticos), a continuidade do mausoleo do Fraga (Cidade da Cultura), as subvencións á prensa sistémica...

4 O Freire

Serio, atrevemento ben sendo dicir "que se facian os dignos". Se cadra ate somos decentes, esixentes e responsables. Non nos vendemos barato, nin nos deixamos engaiolar por charlatans: a esquerda con feitos, non con fume! Se cadra temos personalidade propia, non somos ovellas como ti preferirias! As coincidencias dos defensores do BNG cos do Partido Podre son moi sospeitosas! Cheira a raposo!

4 O Freire

As fotos, e dalle coas fotos... Evidentemente os medios vendidos trataron de influir, outra cousa e saber a cantos enganaron. Outra cousa foi a accion de goberno do bipartito, as baixadas de calzas... Dous exemplos: onte mesmo Ana Ponton reclamaba a tranferencia da AP-9, Feixo lembroulle que cando gobernaron BNG e PsoEspañol na Xunta, e apoiaron en Madrid, votaron en contra do que agora piden; outro, a publicidade da Deputacion da Coruña onte nos medios da Voz de su Amo, con Goretti e Formoso na publireportaxe. Desde o BNG e o PsoEspañol non hai vontade de mudar as politicas do PP, iso son feitos que valen mais que as fotos.

3 balbino

Os votantes nacionalistas e de esquerdas picamos como parvos, por creernos máis listos do que somos levamos de castigo12 anos de Feijoo. A calidade dos votantes do PP xa se mira en comparar un coche e unha foto privada(nom estaba cún narco pero visto o visto era mellor) có mallor atentado medioambiental contra o noso país.

2 Hioto

Unha pena que "o investigador" non siga un pouco máis atrás e vexa o uso propagandístico do accidente do Prestige por parte dos medios de comunicación "progresistas" e a súa relación coa vitoria do goberno bipartito en 2005. Quen a ferro mata a ferro morre. Un pouco de ética obxetiva sería moi boa.

1 Serio

Carallo, a túa "proporcionalidade" mete medo. A relación entre unhas fotos (cun constructor, non cun narco agora preso, lembremos) ou un audi (que o problema e esbanxamento de cartos segue igual ou máis) e o prestige é coma se eu mancárache nunha orella e ti, en vinganza, tirases ácido na miña cara. Non, non tes razón. Por poñer os meus centimiños: esas campañas afectaron a un sector votante do BNG que é máis permeábel a estas informacións e tamén gista das modas pasaxeiras. pöñeneseme na cabeza a esquerda caviar e os GZNSV (onde andan agora, por certo?).

2 Comunista

1) A esquerda caviar? Continúa dentro do BnG nunha escisión dunha escisión da UpG, mendigando postiños. 2) Onde andan agora GZNSV? Organizáronse politicamente en mareas municipais que se uniron a En Marea. Algunha pregunta máis, señor policía?