Detida en Ourense unha presunta terrorista colombiana

As autoridades non informaron da militancia da muller, que non identificaron, pero aseguran que se movía por unha zona na que actúa o Ejército de Popular de Liberación (EPL). A Policía asegura que era buscada en relación a varios coches bomba.

Por E.P. | MADRID | 24/11/2016 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

Unha operación conxunta das Policías Nacionais de España e Colombia permitiu deter dous presuntas  membros dunha organización terrorista colombiana, unha muller arrestada en Ourense e o seu irmán, que foi detido en Cucutá (Colombia).

Navarro Serrano, un dos ex-líderes do ELN
Navarro Serrano, un dos ex-líderes do ELN | Fonte: notiminuto

Segundo informou a Policía, a muller encargaríase de recrutar e radicalizar a mozos mentres o home, considerado o coordinador loxístico da organización e encargado de obter o material de guerra, foi sorprendido cando trataba de cruzar a fronteira con Venezuela. 

A Policía non facilitou a identidade dos detidos nin a súa militancia. Con todo, na área onde as autoridades sitúan os feitos delictivos actúa o Ejército de Popular de Liberación (EPL). Trátase da terceira guerrilla máis importante de Colombia. Oficialmente foi desmobilizada hai anos, pero unha minoría dos guerrilleiros continúa activo. De ideoloxía maoista, ten colaborado coas FARC, e o Estado acúsaos de ter vínculos cos narcos. Onte mesmo o Exército de Colombia reportou un enfrontamento cos guerrileiros incluído un bloqueo dunha estra cun "vehículo que al parecer puede tener explosivos".

A investigación iniciouse a principios de novembro, cando, a través dos mecanismos de cooperación internacional, a Policía Nacional tivo coñecemento da presenza en España dunha fuxitiva buscada polas autoridades colombianas.

Segundo a Policía Nacional de Colombia, a muller investigada entrou a formar parte da cúpula do seu grupo terrorista tras participar en varios atentados, e actualmente encargábase de recrutar e radicalizar a novos, así como de capacitar as células terroristas da cidade de Cúcuta, Villa del Rosario e Los Patios.

Entre as súas funcións de adoutrinamento radical estaría instrución aos membros das células urbanas e a distribución estratéxica en accións terroristas. Tamén se cre que frecuentaba o cárcere modelo da cidade de Cúcuta co fin de apoiar os integrantes reclusos, que continúan exercendo a súa doutrina no interior do centro penitenciario.

A detida era buscada polas autoridades colombianas por un delito de terrorismo, por participar en tres atentados, levando a cabo funcións de coordinación na súa execución, así como labores de intelixencia, e prestando a súa vivenda para a elaboración e planificación dos seus crimes. Os axentes arrestaron a fuxitiva cando saía do seu domicilio en Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta