Literatura libre e comprometida no Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Xerais edita este 25 de novembro un relato de María Reimóndez para a descarga libre.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 25/11/2016 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

Declaracións institucionais, actos de protesta, publicidade e accións reivindicativas marcan este 25 de novembro. Unha data á que tampouco é allea a cultura. Por iso, Xerais sumouse ao Día Internacional Contra a Vïolencia de Xénero editando “A esencia da cidade”, relato escrito por María Reimóndez, de descarga libre, reflectindo a súa propia experiencia persoal. 

María Reimóndez
María Reimóndez | Fonte: mariareimondez.com

Esta edición nace coa vocación de que se utilice nos centros do ensino para traballar a igualdade de xénero e combater a violencia machista, segundo apunta a propia editorial. A autora quere contribuír deste xeito a situar no espazo público as experiencias de violencia contra as mulleres. “Podo dicir sen temor a equivocarme que todas as mulleres que coñezo –e son moitas, de diferentes países do mundo– padecen ou padeceron diferentes tipos de violencia ao longo da súa vida”, sinala.

“Esta dura realidade agóchase na nosa sociedade cun discurso de silencio e culpabilización, co medo a falar, co estigma. Poñer no espazo público as nosas experiencias de violencia é un paso ineludible para cambiar ese discurso e amosar a realidade dunha sociedade construída sobre a violencia contra as mulleres”, engade. O libro pode descargarse no blogue de Xerais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta